Os bordos das conciencias
Santalla, Iago - miércoles, 15 de noviembre de 2017
Unha vez estando eu na Facultade pedíronme unha entrevista para o boletín de Solidarios para el desarrollo que, daquela, levaba a Oficina de Acción Solidaria (OAS). A OAS contaba cun grupo e voluntarios que axudabas ás persoas con diversidade funcional a manexarse na Facultade e no Campus, cando menos nos primeiros días ata que un ía facendo o seu grupo de amizades.
Sempre fiquei agradecido, nunha ocasión pedíronme a citada colaboración. Entre as preguntas que me fixeron, estaba a miña visión sobre as barreiras arquitectónicas. Ao verme co andador, a entrevistadora puxo como exemplo os bordos das beirarrúas. Eu contesteille que me daban igual e a mirada dela foi inesquecible; entón, completei a miña resposta e díxenlle que a min os bordos que realmente me fan dano son os das conciencias porque son os que impiden todo o demais. Unha vez derrubados, díxenlle, os físicos caeran por si mesmos.
Quince anos despois, sigo pensando exactamente o mesmo. Vén isto a conto porque o martes da semana pasada, moitos saímos á rúa para esixir que se cumpra a lei, por certo emanada desa constitución que sacralizan en certos artigos mentres a vulneran no referente a dereitos fundamentais...
A realidade é que quince anos despois a loita segue sendo a mesma e segue habendo a barreira mental (signo de ignorancia) e a barreira física coa que milleiros de persoas se enfrontan día a día.
O que non entende esta sociedade curtopracista é que a vida constitúe un camiño cara á dependencia, polo tanto todos os que saímos ás rúas do país o martes pasado estamos reivindicando os dereitos de todos os españois sen exclusións de ningún tipo. Abrir os ollos e ver isto significaría reivindicar políticas solidarias ou ben que foran os propios políticos os que abriran os ollos e impulsaran estas accións por vontade propia, cumprindo a lei violada, cumprindo uns prazos incumpridos e remendando o erro no que desgraciadamente se reiteran.
Neste escenario pasarían á historia os bordos das conciencias. Veremos ese pasamento como unha vitoria fundamental dunha democracia plena e madura, verémolo?

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora