De hoxe nun ano
de Guizán, Antón - miércoles, 15 de noviembre de 2017
Esta semana cúmprese um ano da estrea na igrexa dos Vilares do documentário 'Entrar Aos Vilares', realizado por Cibrán Tenreiro, Xacobe González e Toni González por encargo do colectivo Os Vilares, lareira de soños. Desde aquela, fóron moitas as localidades que en museos, centros sociais, asociacións, festivais e aulas visionaron este filme rural sobre a parróquia vilarega de Diaz Castro. A película, que acompañará ao aguardado libro de Pas Veres, cumpreu sobradamente o seu objectivo e sigue a proxectarse por todo o país dando a coñecer as peculiaridades dunha parróquia do rural chairego a través da testemuña dos seus veciños verdadeiros protagonistas do mesmo e grandes responsáveis de que tivera saído adiante Sen recursos nin axudas económicas. Non trata de Diaz Castro pero conxuntamente čo libro de Pastora, complementa se leva escrito e gravado sobre o poeta e do espaço é tempos vivenciais de Pepe do Vilariño. Desde aquel 2014 histórico para Guitiriz e a Terra Chá conrecoñecemento a unha das mais grandes figuras literárias de Galiza, a parróquia vilarega ten creadora, a través da Lareira de soños o prémio Trapeir@ de Honra, un certame de micro poesía, um grupo poético, NPG Nova Poesia Guitirica, numerosos actos culturais, exposicións demandas de recuperación do património histórico e etnográfico, investigación para a recuperación da memória a través de testemuñas, fotos, documentos e gravacións, puxémos a aldea no mundo globalizado a través de diferentes dominios dixitáis e neste ano que está ás portas, encetamos o quinto de existéncia coa edición definitiva do libro pero tamén con unha nova exposición, publicación é documentário adicados ao Armeiro de Berulfe e continuamos na demanda da restauración e posta em valor dos frescos da igrexa do século XV e da escola da Conchada, na que estudou Diaz Castro de cativo entre outras actividades. Un traballo comunal, como sempre se fixeron as cousas num rural que existe e resiste. De hoxe nun ano...

de Guizán, Antón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora