Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por 35 euros e 2 operarios

lunes, 13 de noviembre de 2017
Sei que non vale cabrearse, nin denunciar, nin criticar porque a gran maioría non vai facer nada de nada. Algo si, darlle á lingua unha e outra vez para, á hora da verdade, deixar que a vida siga, aínda que sexa a base de inxustizas, de miseria.

Non sei se foi o venres se o xoves cando lin a nova de que ”o roubo de Por 35 euros e 2 operarios35 euros pode custarlle tres anos de prisión”. A min paréceme ben que a lei diga que por roubar hai que ir á cadea. Como se é por tan só 1 euro. Mais o detalle está en que a sentenza non é para todos iguais. Temos un país cheo de ladróns (e non de 35 euros) que, á parte de seguir libres, seguen mofándose dos cidadáns ó seguir roubando á vista de todos. Pero como somos uns ineptos falamos doutras cousas, desviamos a atención a outros asuntos.

Temos os Bancos suízos cheos cos nosos cartos (sen ter ningunha conta alá) e danos igual. Como dicían Tip e Coll: mañá falaremos do Goberno. Pero sen chegar nunca ese mañá. Porque cando volvían actuar, zas: mañá falaremos do Goberno. A nós pásanos igual. Mexan por enriba de nós e… xa veredes, cando a Fiscalía actúe ides saber o que é bo.

Esa noticia dos 35 euros alporizoume un pouco, pero houbo outra que case me fixo rir a gargalladas: que a brigada de obras do Barco de Valdeorras só dispón de dous operarios. Fíxome rir, pero case me deu pena. Pobre Barco! O segundo concello de Ourense e sen operarios.

Algúns municipios podían emprestarlle algún operario. Non hai moito que vin a sete obreiros podando unha árbore tan só. Igualiño, igualiño que esa viñeta ou chiste que circula pola Internet na que dez homes dunha cuadrilla contemplan como traballa o Paco de sempre. Igualiño, igualiño que no noso país: que traballan catro paspáns e os demais chuchan da teta e levan o leite para Suíza. Este país noso… é único.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES