A muller, sen límites
Editorial - viernes, 13 de julio de 2007
Naqueles anos sesenta e setenta, de detrás do telón de aceiro chegábannos determinadas novas insulsas, sen compromisos políticos, de xeito que aparentemente estiveramos informados pero sen contaminarnos polas ideas imperantes no bloque comunista de Europa.
Dentro das imaxes que se nos facilitaban, aparecían mulleres traballando en oficios que nos parecían impropios: barrendeiras, albañilas, mariñeiras
sen decatarnos que por estas terras as mulleres desempeñaban determinados traballos agrarios á altura da dificultade ou dureza como aqueles que se nos ensinaban con afan de demostrar que a muller nos paises comunistas estaba mal tratada polo conxunto social.
Os tempos trouxeron cambios radicais aló e acó. Os de acó permitiron que a muller entrase a cachón en mundos que antes lle eran vedados. E máis que entrará, que anda a Consellería de traballo organizando a campaña Muller porque si, para que as mulleres poidan traballar en sectores que ata hai pouco eran exclusivas dos homes, como a construcción, a madeira, o naval e o metal.
Sempre as nosas mulleres tiveron mando en praza para gobernar facendas e vidas, moitas veces en forzosa soedade. Esto de agora non é máis que un recoñecemento, e un paso adiante, na súa incorporación total a unha sociedade na que sempre tivo un papel principal.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora