En loita contra o lume
Editorial - jueves, 12 de julio de 2007
Patrullas do Exército están xa a recorrer os montes galegos en loita preventiva contra os incendios.
A climatoloxía foi ata o momento o mellor elemento de loita contra esta plaga que nos afecta colectivamente, que cada ano ven cobrar o seu tributo ás veces en vidas humanas, sempre con danos gravísimos ós ecosistemas do País, e ás propiedades individuais e colectivas.
A Xunta organiza cada ano unha loita sin cuartel contra o lume xa aparecido, e leva adiante traballos de prevencion nunca abondos porque hai milleiros de hectáreas de terreo onde a frouma é campo aboado para ser queimado cando o bo tempo se asenta.
Ata agora, as temperaturas e a choiva fixeron posible que os noticieiros non fosen copados polas novas sobre incendios. Pero estamos a punto, as temperaturas van subir, o sol aséntase, e o medo aquéixanos polo que poida pasar.
O enemigo é poderoso, e os seus servidores multitude. Pero Galicia, como organismo vivo formado pola terra e os seus habitantes, ten que saber reaccionar a esta anual agresión e liberarnos dunha lacra de orixe e causas presuntamente descoñecidas, en relación coa que non temos outra posibilidade que vencer.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora