Cunqueiro en San Martiño, 1966
Fernández, Suso - jueves, 09 de noviembre de 2017
As obras de conservación e restauración mais transcendentes do cenobio de San Martiño foron as realizadas, a conta do bispado, no segundo tercio do S.XIX cando, a raíz do seu grave deterioro, a punto estivera de ser derruído; e as que, polos anos 60 do século XX, a Dirección Xeral de Belas Artes realizou, dirixidas polo profesor Chamoso Lamas, no interior e exterior do templo, co traslado do camposanto e a construcción dos accesos á igrexa.
As excavacións deron lugar ó achado de tumbas; pezas tan importantes como un sepulcro e a súa campa, ou tapa suévica, e unha nutrida colección de moedas que se amosarán ó público de forma permanente, unha vez rematadas as actuais obras do museo.
Co centenario das primeiras (11-11-1866) celebrouse un solemne acto o día de San Martiño de 1966; xornada á que o insigne Alvaro Cunqueiro, que coa súa verba, tan elocuente e erudita, puxo a nota da súa calidade literaria cunha alocución inesquecible, que comezou, seguindo a costume antiga, saudando ó prelado con estas verbas: Meu Bispo e señor
, para agregar:
tiña razón o párroco don Xosé de chamar cuna olvidada a aquel templo, e que pouca veces se presentaba ocasión a un escritor coma él para falar ante aquelas pedras, que parecen labradas por mans imposibles, pois faise verdade a frase de Ruskin: nas catedrais os anxos poñían a súa man nunha voluta ou nun capitel para expresar de modo admirable algún misterio. Quizás aquí anxos cantores deron leccións ós que labraron este templo.
Ó referirse a San Gonzalo, dí que parece que estamos vendo un século de armaduras. Gonzalo, na invasión normanda, salvou nestas terras os centeos e as viñas entón existentes; viñas que eran as mais hiperbóreas de Galicia, nacidas á beira do mar, un mar no que o santo derrotou ós normandos, rezando avemarías
.
Referíndose ó sol, que locía naquel momento, asegura que é o milagre anual de San Martiño, que é a media capa que un día repartiu cun mendigo; e fai referencia ás historias que falan do manto e a capela do santo.
Dirixéndose ó doutor Argaya: Creo, señor Bispo, que ata aquí viñeron os bretóns que, descubrindo as néboas que cubren estas terras, fixeron posible que esta néboa sexa para vós como unha capa magna, xa que o mundo non ten hoxe a paz que hai neste rincón
.
Hai cincuenta anos desta fermosa peza oratoria de Cunqueiro, que extractamos; non a esquecimos quen tivemos o privilexio de escoitala.
(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz).

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora