Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despidos no Santander

martes, 07 de noviembre de 2017
Ben sei que o maior perigo para os postos de Traballo está no extinto Banco Popular, e a pura pervivencia nominal no que en tempos foi galego Banco Pastor, pero en cambio algún despido se podería estar forxando no Santander.

Os que tiñamos contas correntes de vello neste banco fomos notando como os tempos foron cambiando e se en tempos empezaron as comisións, estas ao principio ían sendo eliminadas por xente do propio banco en atención a percepción de nóminas ou outras circunstancias. Nestes momentos eso xa non se ten en conta, e agora que se nos foi impoñendo a dependencia bancaria para case todo, agora tamén por case todo se nos cobra.

Pero hai casos que deberían facer que a propia entidade “se mirase” para saber se está ben.

Poñamos que un cliente recibe unha tarxeta de crédito coa qe non está de acordo e non a activa, e se esquece dela porque a efectos legais e bancarios “non existe”.

Pois ese cliente recibe ao ano seguinte un cargo de 48 € por unha tarxeta inexistente. Entérase tarde e cando vai reclamar, xa ten outro cargo similar na conta. Reclama e do último cargo devólvenlle 45 euros (por qué non todo se o cargo non corresponde?) e nin siquiera lle contestan ao cargo anterior.

Para rizar o rizo, o seguinte ano cárganlle na conta 9 euros por “Comisión de emisión y renovación única por el conjunto de las tarjetas Clásica”. Pero se non existían tarxetas!!!.

Como hai que supoñer que non se trata dunha trama para facer colar cargos que
non corresponden se os clientes non se dan conta, habrá que pensar que se trata de descuidos graves que a cúpula do banco deberá revisar. E non dará para despidos pero si para unha verdadeira “reconversión” interna, porque esas cousas hai que miralas, xa que dan moi mala imaxe aínda que sexan moi rendibles.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania