Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pambre, en Palas de Rei

martes, 10 de julio de 2007
Enrique Guitar Costa era hai trinta anos Presidente do Teleclub de Pambre, en Palas de Rei. Conseguiu construir un edificio social para o Teleclub, que herdou a Asociación de Veciños na que Enrique segue a traballar, con oitenta e seis anos, como un rapaz, desde A Coruña ou Pambre, que entrambos lugares vive.

Capitaneando ós veciños, Enrique logrou acceso axeitado a Pambre, en discusión co propietario de terreos que pretendía pechar ó público. Agora, leva trinta anos intentando que o Castelo de Pambre poida ser visitado polos que alí acoden e atopan a porta pechada “a piedra y lodo”. Porque Enrique e os seus veciños saben que teñen dereito moral sobre a mellor conservada das fortalezas galegas, e agardan do seu propietario que algún día se comporte como aquel venerable García Blanco, dono en tempos, que tiña abertas as portas do castelo para todos.

Aínda non falei desto con Enrique, pero sei que estará satisfeito se se confirma a nova de que o castelo abrirá ó público alomenos catro días ó mes. A Xunta non mercará nin expropiará o castelo, pero fará que se cumpra a normativa, xa que un Ben de Interese Cultural non pode estar pechado ó público permanentemente.

Enrique será feliz cando o castelo poida ser visitado. E eu quedarei ben contento de que a súa teima de tantos anos (anterior en máis de dúas décadas ás reivindicacións actuais) teña un final feliz. E el que o vexa!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania