Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mellor falar da poda

lunes, 06 de noviembre de 2017
Durante a semana, ó ler os xornais, vou picando de aquí e de alá, é dicir, anoto aqueles titulares ou noticias que penso que merecen algún comentario pola miña parte e gárdoos para, os venres ou os sábados, escribir o correspondente Recuncho.

Así é que boto man dos paniños de papel das cafetarías que fun acumulando no peto da cazadora e saen tres ou catro asuntiños políticos que, mirade, non vou escribir sobre eles porque sei que non lles van gustar á maioría deste país. Polo tanto, vou falar da poda.

Empecei a poda. Si, xa sei que madruguei moito, pero hai que pensar que, en principio, só podo podar ós sábados. E haberá sábados nos que choverá, por exemplo. Aínda que… tal como vai o asunto climatolóxico, non sei, non sei. Certo que cando me vexa apurado, cando vexa que o tempo xa é o apropiado para darlle que darlle á poda, teño a opción de pedir permiso no traballo porque aínda me quedan moitos “moscosos”. Tamén é verdade que teño as tardes libres, pero entre que xanto, entre que marcho para a aldea e entre que me cambio de roupa, alá vai o burro coas noces, ou sexa, as tardes invernais que, como sabedes, son moi curtiñas.

Penso que fixen ben o ir empezando xa. Irei pouquiño a pouquiño, pero xa sabedes o conto aquel da lebre e a tartaruga. E os contos, coidadiño cos contos; hainos que din que son sentencias, e estas si que teñen o seu aquel profundo e serio. Vedes, xa está, non me metín con ninguén e eu tampouco me alporicei (hai asuntos políticos que me cabrean moito). Falo con orgullo da poda porque, por se fose pouco, é a primeira vez que a empezo a facer só. Claro que tamén sempre oín que quen realmente descubriu a poda foi un burro. É dicir, que todo queda na casa. Feliz semana a todos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania