Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros do Concello de Begonte (I)

lunes, 09 de julio de 2007
ALGUNHAS TIPOLOXÍAS DOS CRUCEIROS DO CONCELLO DE BEGONTE
Autores: Fernando Arribas Arias. José Manuel Blanco Prado.

O cruceiro que é, no sentir de Vicente Risco, “o moimento máis dino de nota na nosa arte popular”, adquire na Chaira rango de obra de arte máis que popular, propiamente emblemática dunha bisbarra e das súas xentes.
Moimento popular, como obra de máns anónimas aínda que expertas (como as das tres xeracións dos Carboeira de Román), reflicte cabalmente o carácter modesto e de esforzo colectivo que foi a historia das xentes da Terrachá.
Moimento de carácter campesino e mesmo de difusión recente (en xeral, de pouco máis dun século), que expresa esa relación telúrica do chairego coa terra na que mora en vida e á que volta con frecuencia, de morto, con ocasión de festas e fiadeiros, pero tamén de “quimeras” ou “partillas”. Ten a forza da súa feitura (moderna) en pedra de cantería, que lle deu deste modo firmeza ás vellas cruces de pau que deberon inzar a meseta chairega durante séculos. E ten a enerxía oculta que lle concede a súa orixe popular e comunal, telúrica e mesmo panteísta, cristianada pola doutrina da Igrexa pero sen perder o seu saibo pagano (1).

1. TIPOLOXÍAS
1. INTRODUCCIÓN

Neste concello atopamos 15 cruceiros dos que é mester distinguir o calvario de Baamonde. Para o seu estudio, consideramos que compría tomar como fundamento o traballo realizado por Xosé Manuel Blanco Prado e Manoel Rodríguez Sánchez sobre “Os cruceiros e cruces de Begonte”. O noso labor neste concello fundamentouse nos seus inicios nunha visita que serviu para levar a cabo unha análise destes moimentos. Logo, fixemos unha segunda na que poidemos comprobar a restauración, que levou a cabo o Concello, destas manifestacións artísticas (2).

II. ANÁLISE SOBRE ALGUNHAS TIPOLOXÍAS
Neste concello atopanmos 1 calvario e 14 cruceiros, distribuidos por entidades parroquiais da seguinte maneira.
1. Na parroquia de Baamonde, un calvario situado no adro da igrexa parroquial.
2. En Baldomar, un cruceiro colocado preto do adro da igrexa parroquial.
3. En Bóveda, un cruceiro emprazado nun cruzamento de viarios.
4. En Castro, un cruceiro ubicado preto do adro da igrexa.
5. En Guimarás, un cruceiro situado nun cruzamento de viarios.
6. En Damil, un cruceiro emprazado no adro da igrexa parroquial.
7. En Donalbai, dous cruceiros: o cruceiro da igrexa, situado preto da igrexa parroquial, e o cruceiro do Quinto, nun cruzamento de viarios.
8. En Felmil, un cruceiro emprazado preto da estrada á Feira do Monte.
9. En Gaibor, tres cruceiros: o cruceiro de Barrazoso Vello, colocado nun cruzamento de viarios e preto da capela do S. Andrés; o cruceiro da igrexa, no adro parroquial, e o do “Muiño Novo” ao carón da casa do mesmo nome.
10. En Saavedra, un cruceiro situado nun cruzamento de viarios e preto da igrexa parroquial.
11. En Trobo, dous cruceiros: o da igrexa, emprazado no adro , e o de S. Martín de Arriba nun cruzamento de viarios.

Referente a súa conservación atopamos once cruceiros en bo estado (3). Dous cruceiros que amosan un dos chanzos da plataforma un pouco deteriorados (4), e un que amosa a parte superior do fuste agretada por todas as caras (5). Finalmente, nos últimos tempos hai cruceiros que mostran moita maleza ao seu carón (6).

Por outra banda, o cruceiro amosa os seguintes elementos con respecto a súa composición: a plataforma, a base, o fuste ou varal, o capitel e a cruz.

1. A plataforma amosa un chanzo en tres cruceiros (7) ; dous chanzos en catro (8); tres chanzos en cinco (9); e catro en tres (10).
2. A base mostra diferentes modalidades:
2.1. Unha base paralelepípeda coas arestas superiores redondeadas nos cruceiros de Bocacarreira (Bóveda) e do Castro.
2.2. Unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas en tres cruceiros (11).
2.3. Base composta por tres elementos: o inferior de forma paralelepípeda; e o central e superior de igual forma mais con bordos superiores redondeados, amosando entre ámbolos unha escocia e dous filetes, nos cruceiros da dereita e esquerda do Calvario de Baamonde.
2.4. Base formada de dous elementos, separados por unha escocia: o inferior de forma paralelepípeda e o superior troncopiramidal, en tres cruceiros (12).
2.5. Base de tres tramos: o inferior de forma paralelepípeda; o central cunha moldura en cima recta ou gola, e o superior de forma paralelepípeda pero máis estreito que o inferior no cruceiro da igrexa de Trobo.

En relación aos elementos complementarios, a base amosa algúns relevos da paixón no cruceiro da igrexa de Trobo.
Así mesmo mostra unha inscrición en seis cruceiros (13). Como exemplos representativos de inscrición facemos alusión ás dos seguintes cruceiros:

A. CRUCEIRO DO QUINTO (DONALBAI).
CARA SUR. RECUERDO / DE / JUAN DORADO / AÑO 1935/.

B. CRUCEIRO DE DENUNE (FELMIL).
CARAS NORTE, SUR E LESTE.
“EL ILMO. SR. D. MANUEL PÉREZ DE CASTRO, OBISPO DE MONDOÑEDO, CONCEDIÓ 40 DÍAS DE INDULGENCIA A LOS QUE RECEN CON DEVOCIÓN DELANTE DE ESTAS IMÁGENES, UN PADRENUESTRO; 40 POR UNHA AVEMARÍA O SALVE Y 40 POR UN ACTO DE CONTRICCIÓN O CREDO. LO COSTEÓ ANTONIO DÍAZ DE FELMIL Y SUS HIJOS EN EL AÑO 1891”.

C. CRUCEIRO DA IGREXA (GAIBOR).
En dúas caras da parte superior presenta a seguinte inscrición:
“JACINTO GARCÍA E RAMÓN GARCÍA, MEMBROS DA
CASA DE “MUIÑO NOVO” CUSTEARON ESTE CRUCEIRO”.

Na inscrición tamén se alude ás indulxencias que concede o bispo de Mondoñedo aos que recen diante do cruceiro unhas oracións que foron aprobadas pola igrexa. Finalmente aparece o ano “1896”, data na que se construiu o cruceiro.

D. CRUCEIRO DO MUIÑO NOVO
Nunha das caras da base lese a seguinte inscrición:
“RAMON/GARCÍA AÑO /DE 1813” (14).

E . CRUCEIRO DE SAAVEDRA.
Nas caras norte e leste da parte superior ía gravada unha inscrición que facía mención “aos corenta días de indulxencias concedidas polo biaspo de Mondoñedo, aos que recen diante destas efixies, o Painoso, unha Avemaría e o Credo”. Tamén aparece na base o ano 1898, data na que construíu o cruceiro.

F. CRUCEIRO DE TROBO.
Nas catro caras, hai unha inscrición na parte inferior, que reflicte o seguinte:
“TALLÓ ESTAS IMAGE / NES EL ARTISTA BENI / TO RIFON CORRAL EN EL / VERANO DEL AÑO DE 1899/DEVOCIÓN DE BENI / TO RIFÓN CORRAL, DE ES / TA PARROQUIA
SIENDO CURA D. DANIEL V.../ EL YLMº SR. OBISPO DE / MONDOÑEDO CONCE / DIO 40 DIAS DE YNDUL / GENCIA POR REZAR/ CADA VEZ QUE SE RE / ZE EL PADRENUESTRO / O POR CADA CREDO DE / LANTE DE ESTAS EFIGIES”.

3. O fuste é monolítico, prismático, de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas biseladas no resto, agás o “cruceiro de Baldomar”, que ten unha sección cilíndrica.

As caras do extremo superior están ornamentada polos seguintes motivos:
3.1. Por uns roeis e rombos (15).
3.2. Por unha custodia (16).

O resto do fuste está ornamentado en catro cruceiros polos instrumentos da paixón en relevo. A súa colocación nunha orde descendente é variable segundo facemos constar a continuación:

1. Cruceiro de Denune (Felmil). Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de dez banzos.

2. Cruceiro da igrexa (Gaibor). Unha columna, tres cravos, un martelo, unhas tenaces, una espada e unha escaleira de dez banzos.

3. Cruceiro de Saavedra (Saavedra). Tres cravos, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira de dez banzos.

4. Cruceiro da igrexa (Trobo). Tres cravos, unha tenaces, un martelo, unha escaleira de cinco banzos, unha lanza, un látego e Cristo atado á columna.
Por outra banda, o fuste amosa unha inscrición no cruceiro da igrexa de Trobo.
Cara W. (extremo inferior): AÑO / DE / 1899/.

4. O capitel amosa formas variadas:
4.1. De forma troncopiramidal invertida en once cruceiros (17).
4.2. De forma cúbica nos cruceiros laterais do calvario de Baamonde, no cruceiro do Castro e no cruceiro de Barrazoso Vello (Gaibor).
4.3. Capitel de forma paralelepípeda nos cruceiros de Damil e no de Muiño Novo (Gaibor).
4.4. Capitel moldurado en oito cruceiros (18).

Con respecto á decoración este elemento artístico mostra diferentes temas:
1. Querubíns e volutas en seis cruceiros (19).
2. No Cruceiro da igrexa de Gaibor, a decoración do capitel, reflectida por
querubíns, é diferente nas súas catro caras.
3. Follas de acanto no cruceiro de Guimarás (Cerdeiras).

Asi mesmo, o capitel presenta unha inscrición nos cruceiros das igrexas de Donalbai e Gaibor.

1. Cruceiro da igrexa de Donalbai. Na súa parte superior hai unha inscrición ilexible.
2. Cruceiro da igrexa de Gaibor. Na parte superior da Cara NE, lese a seguinte inscrición: Antonio y S. José.

5. A cruz amosa as seguintes formas na súa sección:
5.1. Sección cuadrangular nos seus extremos e coas arestas rebaixadas no resto en dez cruceiros (20).
5.2. Sección octogonal en cinco cruceiros (21).
5.3. Sección cilíndrica no cruceiro central do Calvario de Baamonde e no cruceiro da igrexa de Trobo.

Asi mesmo mostra dous remates:
1. Cruz florenzada en seis cruceiros (22).
2. Cruz lanceolada no cruceiro do Quinto.

Por outra banda, no anverso da cruz aparece a efixie de Cristo en seis cruceiros (23).

Presenta os seguintes trazos:
A. A cabeza inclinada ao lado dereito en seis cruceiros (24).
B. As mans pechadas no cruceiro central do Calvario de Baamonde e no cruceiro do Quinto (Donalbai).
C. As mans abertas en cinco cruceiros (25).
D. O perizoma anoado ao lado dereito en seis cruceiros (26).
E. O perizoma anoado ao lado esquerdo no cruceiro central do Calvario de Baamonde.
F. O pé dereito sobre o esquerdo en cinco cruceiros (27).
G. O pé esquerdo sobre o dereito no cruceiro central do calvario de Baamonde e no cruceiro da igrexa de Trobo.
H. Ámbolos dous pés sobre unha caveira en tres cruceiros (28).
I. A efixie de Cristo franqueada por dous santiños nos cruceiros de Denune (Felmil) e no da igrexa (Gaibor).
J. Unha cartela en sete cruceiros (29).
K. As pernas flexionadas en sete cruceiros (30).


NOTAS:
1. Extracto do Prólogo que realizou D. Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, para o libro “Cruceiro de Begonte, Cospeito e Rábade”.
2. O investimento na recuperación destes cruceiros de Begonte foi de 2.051.924 ptas., procedentes do “Plan Leader”. As obras foron realizadas pola empresa Protección Vial S. A. de Ourense. (A Voz de Galicia, 24-II-1998).
3. Calvario de Baamonde. Cruceiro de Baldomar. Cruceiro de Bocacarreira (Bóveda). Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro de Damil. Cruceiro do Quinto (Donalbai). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro do Muiño Novo (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro da igrexa (Trobo).Cruceiro de Martín de Arriba (Trobo).
4. Cruceiro da igrexa (Donalbai). Cruceiro do Castro.
5. Cruceiro de Barrazoso Vello (Gaibor).
6. Cruceiro do Quinto (Donalbai) .
7. Cruceiro de Barrazoso Vello (Gaibor). Cruceiro do Muiño Novo (Gaibor). Cruceiro de Martín de Arriba (Trobo).
8. Cruceiro de Baldomar , cruceiro de Bocacarreira (Bóveda), cruceiro do Castro e cruceiro do Quinto (Donalbai).
9. Calvario de Baamonde (1) – cruceiros da esquerda e da dereita-, cruceiro da igrexa (Donalbai), cruceiro de Denune (Felmil), cruceiro de Saavedra e cruceiro da igrexa (Trobo).
10. Calvario de Baamonde (1) –cruceiro central-, cruceiro de Guimarás (Cerdeiras) e cruceiro da igrexa (Gaibor).
11. Cruceiro do Quinto (Donalbai), cruceiro do Muiño Novo (Gaibor) e cruceiro de S. Martín de Arriba (Trobo).
12. Cruceiro de Denune (Felmil), cruceiro da igrexa (Gaibor) e cruceiro de Saavedra.
13. Cruceiro do Quinto (Donalbai). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro do “Muiño Novo” (Gaibor). Cruceiro de Saavedra . Cruceiro da igrexa (Trobo).
14. É moi probable que a data de 1813 esté equivocada e sexa 1893, tendo en conta que Ramón García foi unha das persoas que mandou construír o cruceiro situado ó caron da igrexa de Gaibor, que data do ano 1896.
15. Cruceiro de Denune (9) (Felmil). Cruceiro da igrexa (11) (Gaibor). Cruceiro de Saavedra (13) (Saavedra). Cruceiro da igrexa (14) (Trobo).
16. Cruceiro da igrexa (11) (Gaibor). Cruceiro de Saavedra (13).
17. Cruceiro central do calvario de Baamonde . Cruceiro de Baldomar. Cruceiro de Bocacarreira (Bóveda). Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro de Damil . Cruceiro da igrexa (Donalbai). Cruceiro do Quinto (Donalbai). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro da igrexa (Trobo).
18. Calvario de Baamonde. Cruceiro de Baldomar. Cruceiro do Castro. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro da igrexa (Donalbai). Cruceiro do Quinto (Donalbai). Cruceiro do Muiño Novo (Gaibor) e Cruceiro de S. Martín de Arriba (Trobo).
19. Cruceiro central do Calvario de Baamonde. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra . Cruceiro da igrexa (Trobo).
20. Cruceiro de Baldomar. Cruceiro de Bocacarreira (Bóveda). Cruceiro do Castro. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro de Damil. Cruceiro do Quinto (Donalbai). Cruceiro de Barrazoso Vello (Gaibor). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro de S. Martín de Arriba (Trobo).
21. Cruceiros laterais do Calvario de Baamonde. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro da igrexa (Donalbai). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro do Muiño Novo (Gaibor).
22. Cruceiros laterais do calvario de Baamonde. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra.
23. Calvario de Baamonde. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro da igrexa (Trobo).
24. Cruceiro central do Calvaio de Baamonde. Cruceiro do Quinto (Donalbai). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra . Cruceiro da igrexa (Trobo).
25. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra . Cruceiro da igrexa ( Trobo).
26. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro do Quinto (Donalbai). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro da igrexa (Trobo).
27. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro da igrexa (Trobo).
28. Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra.
29. Calvario de Baamonde (cruceiro central). Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro do Quinto (Donalbai). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro da igrexa (Trobo).
30. Calvario de Baamonde- cruceiro central-. Cruceiro de Guimarás (Cerdeiras). Cruceiro do Quinto (Donalbai). Cruceiro de Denune (Felmil). Cruceiro da igrexa (Gaibor). Cruceiro de Saavedra. Cruceiro da igrexa (Trobo).

III.- BIBLIOGRAFÍA SOBRE OS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 76, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1998.
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 81, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1999.
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 87, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2000.
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. “Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Castro de Rei”, en El Legado Cultural de la Iglesia mindoniense. I Congreso do Patrimonio da Diócese de Mondoñedo, 2000, páxs. 497-506.
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. “Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Guitiriz”, en Os Canteiros. Actas das xornadas celebradas en Parga (Guitiriz), 2000, páxs. 31-41.
ARRIBAS ARIAS, Fernando., BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA, Mario. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 92 , Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2002.
ARRIBAS ARIAS, Fernando., BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA, Mario. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadín. Cadernos do Seminario de Sargadelos , Sada (A Coruña): Ed. do Castro. No prelo..
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel. “Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Cospeito”, en Caderno de Estudios Chairegos, nº 1, 2002, páxs. 99-117.
ARRIBAS ARIAS, Fernando., BLANCO PRADO, José Manuel.. Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 94 , Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 2004.
ARRIBAS ARIAS, Fernando , BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario. “Os Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de A Pastoriza”, en Caderno de Estudios Chairegos, nº 2, 2004, páxs. 123-146.
ARRIBAS ARIAS, Fernando., CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro, e REIGOSA CARREIRAS, Antonio “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega (I)”, en El Progreso, diario de Lugo, 20-8-1987.
ARRIBAS ARIAS, Fernando., CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro, e REIGOSA CARREIRAS, Antonio “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega (II)”, en El Progreso, diario de Lugo, 20-8-1987, páx. 7.
BAAMONDE GARCÍA, Alfonso A e CASTRO RODRÍGUEZ, A. “Cruces, cruceiros, ermidas e capelas da bisbarra chairega”, El Progreso, diario de Lugo, 22-8-87, páx. 7.
BLANCO PRADO, José Manuel e RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel. Cruces y Cruceiros del Municipio de Begonte. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1988.
BLANCO PRADO, José Manuel. Religiosidad popular en el Municipio de Begonte. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1990.
BLANCO PRADO, José Manuel. Exvotos e rituais nos santuarios lucenses. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1996.
CENDÁN FRAGA, A. “Os cruceiros de Vilalba”, en El Progreso, 31-8-1988, p.33.
CENDÁN FRAGA, A. “Cruceiros, hórreos y antiguos molinos chairegos sucumben en el olvido”, en EL Progreso, 29-12-1989, páx. 9.
COMARCA DA TERRA CHÁ. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia. Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial. Presidencia. Xunta de Galicia, 1993, páxs. 92-103.
FLORES RIVAS, Luis Hixinio. “A cultura material representada nas construccións populares: un elemento a conservar na Terra Chá”, en Boletín Terra Chá, nº 1, Orgao das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego, 1997, páxs. 28-30.
GIL AGRAS, H. “Os cruceiros de Bretoña”, en El Progreso, 17-8-1991, p. 37.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. e outros. Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Madrid: Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, Ts. I-VI, 1975-1983.
LAREDO VERDEJO, J.M. Os Nosos Cruceiros. A Coruña: Ed.Boreal-Xuntanza, 1993.
PERNAS BERMÚDEZ, Carmen. “O cruceiro dos Catro Camiños de Vilalba” (I) e (II) en El Progreso, diario de Lugo, 30-4 e 1-5 do 1998, páx. 16.
PERNAS BERMÚDEZ, Carmen. “As cruces de pedra no olvido”, en Pena do Encanto, Boletín Informativo do Instituto de Estudios Chairegos, nº1, 2001, páx.20-37.
RODRÍGUEZ CASTELAO, A. As cruces de pedra na Galiza. Madrid:Akal, 1975. Ed. facsímil da que se levou a cabo en B. Aires en l049.
TRAPERO PARDO, J. “Os cruceiros”, en Lucus, Boletín Informativo da Deputación Provincial de Lugo, nº 27, 1974, páxs. 25-40.
VIVEIRO, Orlando. “O Latín dos canteiros”, en Terra Chá, Órgao das Brigadas en Defenda do Patrimonio Chairego, nº 2, 1997, páxs. 4-5.

NOTA: Os mapas de localización do concello de Begonte foron realizados polo delineante José Cancio Fernández e as fotos dos cruceiros por Fernando Arribas Arias.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania