Pouquiño a pouco
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 02 de noviembre de 2017
Falar de ir pouquiño a pouco nestes tempos tan apresurados -que nos toca vivir-, parece que non ten sentido.
Certamente, parece que non ten sentido; pero moitas veces HAI QUE BUSCARLLE SENTIDO Ó SEN SENTIDO.
Por exemplo:
-Nace unha criatura nunha familia: coida hoxe, coida, maña, cambia cueiros agora, cambia cueiros de aquí a un pouco
¡Como desexamos que medren para que sexan autónomos!
Pero hai que ir pouquiño a pouco.
-Empezamos a ir á escola, ó instituto, á universidade; aproveitamos canto podemos e xa desexamos rematar esa tarefa tan costosa
Pero hai que ir pouquiño a pouco.
-Cando comezamos unha profesión, aínda que a preparáramos concienzudamente e sacáramos unhas calificacións excelentes
.
É a práctica profesional, a convivencia cos compañeiros, o saber entenderse, saber aplicar axeitadamente os coñecementos adquiridos
o que nos vai facendo bos profesionais.
Hai que ir pouquiño a pouco.
-Aparece, sen saber como, nin como non, unha efermidade e desexamos con tódalas nosas forzas botala fóra: pero ela resístese e hai que loitar con ela hoxe, mañá, este mes, para o que vén, un ano, otro ano...
A veces ata se fai crónica e acompáñanos toda a vida.
Hai que ir pouquiño a pouco.
Eso si; sin tira-la toalla nin perde-la esperanza.
-Cando unha criatura empeza a ir á igrexa para prepararse na vida cristiana para face-la primeira comunión ou para a confirmación:
A primeira pregunta que se fan moitas familias é a seguinte:
-¿Canto tempo ten que prepararse?
-Tres anos, respode o párroco.
-¡Tanto
! Responden algún pais.
¡Vaia, vaia!
Prepararse para algo non é como ir ó supermercado que se fai nun instante
Unha preparación é todo un proceso de maduración que leva tempo, moito tempo; a veces toda a vida.
De feito hai que estar aprendendo sempre.
Hai que ir pouquiño a pouco.
-Cando se quere formar unha familia, precísase un tempo de preparación e maduración moi intensa porque coñecer a unha persoa coa que se vai convivir -en teoría, toda a vida- é unha tarefa extraordinariamente importante.
E pensar como se quere educa-la descendencia; non esixe menos responsabilidade.
Non valen as présas.
Hai que ir pouquiño a pouco.
Hai quen di que as cousas sen pensar son as que mellor saen.
A veces, si; pero según que cousas non se poden facer sen pensar.
Hai que pensalas e repensalas antes de decidirse e aínda así
Cando eu era nena teño oído expresións como estas:
- Antes de comer galiña, hai que comer sardiña
-Hai quen quere colle-lo ceo cos pés e aínda non se pode coller coas mans.
A xente nova de hoxe en día, ve a vida doutra maneira porque naceu nunha época de moito progreso e benestar sobre todo- benestar material.
Algúns nenos pensan que nos bancos dan os cartos, que o leite sae do bric, que as cenorias nacen nos supermercados e cousas así; pero non.
Detrás dos cartos está o traballo, detrás do leite están os gandeiros; detrás das cenorias están os labradores e así pasa con todo.
Nestes tempos, a infancia nace cos móbiles e outros artiluxios nas mans porque os propios proxenitores llelos facilitan; sen decatárense de que pode ser un perigo se se utiliza antes de tempo.
Hai que ir pouquiño a pouco.
Outro tanto pasa cos xoguetes.
Hoxe en día dánselle á infancia: cantas máis cousas mellor, tanto se se esforzan por elas como se non.
¿Deixamos espazo para a creatividade?
¿Onde queda o mérito do esforzo?
Os xoguetes, tamén se deben administrar con moderación.
Tamén os hai que gañar, tamén hai que facer méritos; porque nesta vida, todo ten o seu prezo.
Pasiño a pasiño, pouquiño a pouco.
Con moderación.
A moderación é un valor un tanto esquecido
VIVIR CON MODERACIÓN será o título do seguirte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración, nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora