Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As obrigas dun medio público

miércoles, 01 de noviembre de 2017
Os incendios dos que a semana pasada din o meu parecer en reflexións curtas, trouxeron a primeira plana as obrigas dos medios de comunicación públicos que, a día de hoxe, se pode dicir que non foron cumpridas ao 100% por ningunha das dúas canles presentes en Galicia. A TVG chegou tarde e mal, a TVE ninguén a esperaba e tampouco fixo por facerse presente feito que, dada a actitude da galega, houbéralle servido para sumar puntos.

Non en tanto, o feito obxectivo é que mentres o monte ardía e a xente morría tanto unha canle coma a outra dedicábanse a adormecer conciencias (no que son auténticas expertas).

Quen si estivo sen ter a obriga, é dicir que estivo por vocación de servizo, foi a sexta, practicamente de principio a fin. Esta canle de carácter privado foi capaz de adaptar a programación ao que lle esixía a actualidade, deixando a un lado os contidos extraordinarios previstos nun especial sobre Cataluña.

Crendo no público e crendo que o público é de todos e polo feito de ser de todos merece un respecto e un coidado engadido paréceme imprescindible facernos eco dunha crítica xusta e necesaria. Agora ben, toda crítica debe levar consigo proposta e o certo é que facer uns medios públicos plurais supón que os consellos de administración dos mesmos sexan unha representación da pluralidade existente; polo tanto, a proposta sería que o goberno non controle na súa totalidade ditos consellos senón que nos mesmos haxa profesionais independentes cun código deontolóxico ben definido e con capacidade para tomar decisións independentemente do goberno vixente.

Un medio privado pode estar onde queira. Un medio público sempre ten que estar onde ten que estar e ten que servir para que a cidadanía estea permanentemente informada, aínda máis nunha situación límite. Todo o que se saia de aquí é renunciar a ser un servizo público dentro dun sistema democrático; polo tanto, é necesario repensar as obrigas, as funcións e, sobre todo, o xeito de administración dos medios públicos que deben ser plurais e libres.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES