Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 01 de noviembre de 2017
No Monte Medo de Baños de Molgas

E se morro hoxe, quen me enterra? Seica un funeral pode superar os 3.000 euros, que non é moco de pavo. Claro que eu xa lles advertín ós meus: a min votádeme no monte Medo de Baños de Molgas para aproveitamento dos lobos. Ou doutros depredadores, dáme igual. O caso é que alguén aproveite os meus ósos, que é o único que teño, pero algo é algo. Non creo que estes os teña envelenados. Poida que o sangue si, pero os ósos non creo.
Pingas de Orballo
Tamén lles indiquei o sitio en concreto: en Sudalomba, e xusto no outeiro onde, unha vez, de rapaz, me tiven que enfrontar a un lobo que xa me pillara polo rabo á única ovella que tiña. Ben que me ensinou os dentes, pero eu tívenlle máis medo ás olladas da miña nai (e outras cousas) que ós dentes do animal. Así é que non deixei que a levase. E se aquela vez o lobo non acadou o premio, pois agora, polo menos, que se desquite. Máis de 3.000 euros! Pero a onde chegamos! Eu de morto non vou sentir nada. E con todo o que o Medo, Sudalomba, significou e significa para min. Dígoo moi en serio: é o mellor lugar onde poden ir parar os meus ósos. E de forma gratuíta.

Por ese universo infinito

Hai uns días, de mañá cedo, xusto ás oito menos vinte, baixando de Piúca para Maceda, e en tan só un lóstrego, vin unha forte luz como se fose unha estrela fugaz. Sería unha estrela fugaz? Creo que non. Seguro que era unha nave alieníxena que viña a recollerme. Sen dúbida souberon da miña busca de Bettina Rodriguez Aguilera (a estadounidense esa que dixo que contactara con extraterrestres), para que me dixera a forma de comunicarme con eles. Vivo obsesionado con atopalos, con Pingas de Orballofacerme amigo seu e con convivir con eles; máis ben para que me leven por eses planetas deixados da man de Deus, ou por esas estrelas, ou por eses buracos negros, ou por ese universo infinito. Así é que, tan axiña como desapareceu a luz, acelerei o coche e fun na procura do ovni. Non sei, pero deume a impresión de que puideron aterrar entre Barxela e Pías, ou por detrás dos Milagres, pero achegándose máis a San Mamede que ó propio santuario. A emoción estábase apoderando de min. Mira que se, por fin, contacto con eles. Seguín acelerando para buscar a nave extraterrestre.

Coidadiño coa letra pequena!

Algúns xornais están a facer coma os bancos: que te enganan por non ler a letra pequena. Ía escribir un relato sobre o seguinte titular: “Piden tres meses de cárcere por darlle unha labazada ó seu fillo”. Tiña pensado contar que era unha auténtica esaxeración (algún días falarei das labazadas ou azoutes que se lles dá ós cativos), cando se me ocorreu ler toda a noticia. E léndoa, xa teño que cambiar todo o concepto que pensaba usar. Resulta que, segundo esa “letra pequena”, houbo máis que unha simple labazada; polo menos segundo a acusación e o propio xuíz. O autor dos feitos, o pai, nega tal acusación. Semella que debe ter razón o xuíz, conforme ós partes médicos que lle achegaron. Ó mellor o pai excedeuse. Ó mellor o fillo digamos que se autolesionou. Non sei. Pero si sei que o titular dá a engano. Algúns periódicos deberían de saber que, ás veces, tan só hai tempo para ler os titulares, e, claro, se les un coma ese, non che queda outra que pensar que tanto a acusación como o xuíz actuaron mal, porque… por unha labazada. Así é que non queda outra que aconsellar o que facemos cando falamos dos Bancos: coidadiño coa letra pequena! Oe, por que será?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES