Verán e turismo
Editorial - martes, 10 de julio de 2007
Aínda que a climatoloxía se resiste, estamos en pleno verán. As temperaturas van subindo coa lentitude que os tópicos nos asignan, e as caravanas comenzan a aparecer nas zonas litorais galegas, e hacia ou desde o interior.
Suben as hipotecas en ascenso paulatino e anunciado, os combustibles alcanza cifras record pero xa non figuran entre as noticias que se facilitan con periodicidade sospeitosa, a afluencia de turistas segue medrando en tranquilizadora ascensión
e as vivendas en aluguer en Galicia están xa comprometidas en cifras que coidamos record, acadando xa o oitenta e cinco por cento, superando en moito a media española que se queda nun xeitoso setenta e tres por cento.
Verán e turismo seguen a ser aínda termos parellos, se ben todos os sectores implicados se ocupan en desestacionalizar a actividade turística para que non se polarice no verán xunto, naturalmente, con Semana Santa e o Nadal.
As vacacións forzan que o turismo sexa especialmente actividade do verán, máis para os que teñen fillos en idade escolar.
Para este ano, para este verán, parece estar todo garantido e amañado. Ata setembro. Disfrutemos do verán. Xa haberá tempo de proecuparse no outono.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora