Pesimismo histórico
Editorial - lunes, 09 de julio de 2007
Que o diga desde Madrid o Director General de Tráfico, resulta sangrante: Somos historicamente pesimistas, e por eso non vemos as vantaxes das que disfrutamos.
Galicia sempre estivo lonxe de Madrid. Non eran so cincocentos kilómetros de distancia. Eran os montes do Cebreiro e o resto dos cordais separadores, eran a Galicia irredenta onde comezaban a verse as diferencias, eran os páramos casteláns. Era o carácter diferente, o clima, esa seguridade de que climatoloxicamente, espiritualmente, non temos máis relación cos do centro que a historia común, a emigración, a doma e castración ou os valores regionales.
Somos pesimistas, e aínda lle extraña. O Ave, que chegará cando chegue. As estradas princiais que hai feitas, moi ben. Pero ir de Ourense a Lugo, de lugo a Santiago, de Ribadeo a Viveiro
Mortos nas estradas, a climatoloxía e as curvas a corenta por hora é lóxico que nos depriman.
Hai quen aproveita para pedir que nos transfiran Tráfico, que así, polo menos, teremos un administrador pesimista pero propio.
Xa a clase política (incluso a do seu partido) se puxo en pé de guerra, xa Pere Navarro pediu disculpas. Pero ahí queda imborrable a pegada dun Director General de Tráfico que confunde todos os termos e coida que os galegos de a pé ou de volante somos os que temos que buscar solucións, pero o noso problema psicolóxico impídenos afrontar o tema coa claridade de visión que se precisa.
Pode que o D.G.T.- pense que a reacción dos nosos representantes é un exemplo máis de pesimismo. Pero é que cento vinte mortos no que vai de ano (vinte deles, peatóns), son para facer pesimista a calquera.
Pere Navarro é dos que morren pola boca. Podía quedar ben calando, ou falando con sentidiño. Largar sen sentido é perigoso, aínda que non faga perder puntos. Non debe dimitir. Pero ou se controla, ou que o amordacen.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora