Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A traballar as terras!

lunes, 30 de octubre de 2017
A traballar as terras! O eucalipto non pode ser o chibo expiatorio dos incendios. Alguén dixo. E eu digo que non, oh, non, como van ser os eucaliptos. Pobriños!, co dereitiños que son. E co ben que cheiran. Tiñamos que ser todos pobres, pero moi pobres para ter que traballar a terra, e así non habería nada que arder. Que sodes todos uns nugalláns, carallo! Agora vívese coma Deus e, claro, as terras para os xabarís e as árbores para as lapas. Cando eu era rapaz, e se por un casual, había un incendio, apagábase nun chiscar de ollo; porque as matogueiras eran pequenas e as poulas estaban limpiñas e, que eu saiba, o lume non empeza nas copas dos carballos ou dos castiñeiros (por certo, nos meus tempos case non sabiamos o que era un eucalipto). Estaban limpiñas porque eu traballaba, nós traballabamos e nin tan sequera había os “ninis”. Agora hai “ninis” e moito lacazán, moito camanduleiro.

Tamén é certo que hai moitos eucaliptos, pero, repito, pobriños, como van ser eles os culpables. O primeiro culpable é o artefacto incendiario. O segundo culpable é o pirómano que fai uso do artefacto incendiario. O terceiro culpable pois parece ser que é o eucalipto. E dígoo tal cal porque sei que non se cabrea comigo. Porque os demais culpables non os digo para que non salten chispas. A ver se aínda por encima vou ser eu o pirómano polo das chispas.

Non queda outra que pedirlle á Xunta que merque vacas para todos eses preguiceiros e que se dispoñan a traballar as terras. Un arado romano, un fouciño, unha aixada e unha aguillada para tanguer as vacas e xa veredes como se lembran os meus tempos.

Coidadiño, eh, dentro do malo, era bonito: nunca lin tanto como cando andaba detrás das vacas. E non provocaba incendios. Claro que tampouco había moitos guizos. Non che digo xa eucaliptos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES