Opinión en Galicia
Na morte de Xosé Manuel Carballo
sábado, 04 de noviembre de 2017
NO CORAZÓN DOS GALEGOS
Deus quixo escoller un día,
á porta do mes de Santos,
para deixarnos neste mundo
sen Carballo ao que arrimarnos;
home de ben onde os haxa,
defensor dos valores do noso,
modelo de compromiso e entrega
que para o ceo consigo leva
o agradecemento e o aplauso
de todos cantos, sen reparo,
defendemos a cultura galega.
Deus será xusto e xeneroso
para sentalo á súa dereita;
unha honra para os galegos
que dende hoxe veremos,
no máis intimo do ceo,
a nosa bandeira ergueita,
predicando o seu exemplo,
na nosa lingua, con retranca,
empeñado en convencernos
de que o orgullo de ser galego
nin se merca nin se espanta
se valoramos o que temos.
Gloria a ti, mestre verdadeiro!
Miña dor, meu afecto,
a miña admiración e respecto,
sempre lembrarán como amigo sinceiro
a D. Xosé Manuel Carballo Ferreiro.
D.E.P.
Piñeiro Gzlez., Francisco
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora