Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coidar o Camiño

viernes, 06 de julio de 2007
Coidar o Camio O PRÓXIMO XOVES os alcaldes da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés teñen convocado un pleno no consistorio de Sarria para dar conta do presuposto e liquidación do ano 2006 e programar de actividades para o actual 2007. ¡Sorte!


Para aos que vivimos e/ou traballamos á beira do Camiño Francés e nos preocupa que se manteña limpo e digno (¡tamén fisicamente!) este Gran Itinerario Cultural Europeo (¡Patrimonio da Humanidade!) prodúcenos mágoa atopalo sucio e estragado nalgunhas zonas. Sobre todo na Montaña. Non todo é froito das tormentas, saraibas ou do vento. O Camiño Francés leva anos bastante abandonado. Os alcaldes coñecen as causas.


Ao ler que a esta Mancomunidade ten de remanente do 2006 a cantidade de 125.333 euros (sumados aos 92.690 do 2007 - tamén sen investir - suman 218.023) calquera ben pensado se decata de que algo anda mal. Soa a desidia que os responsábeis máis preto do Camiño teñan fondos do Xacobeo sen empregar por miserentos que sexan.


Por este feito e outros máis vergoñentos e escandalosos que abondan, creo que sería moi conveniente (sobre todo para os que estrean alcaldía) se animen a facer unha pequena peregrinación, en grupo e de vagariño, sen outros fins por importantes que sexan. Podía ser un bo compromiso desta xuntanza para non falar de oídas. Abonda con dúas fins de semana, ben aproveitadas. Aprenderían moito.


Supoño que os concellos dispoñen doutras axudas. Todas son poucas. Ao alcalde de Sarria (presidencia actual) e aos demais alcaldes e alcaldesas do Camiño Francés (a maioría vellos amigos e claros defensores do Camiño), tanto aos veteranos coma aos novos/as, deséxolles moita ilusión, forza, valentía e mesmo carraxe á hora de coidar, defender e protexer (¡mesmo mimar!) este Gran Tesouro que temos os galegos, especialmente, os que están (estamos) “á beira do camiño”.¡ Unha gran riqueza!


¡Gustaría fosen vostedes os “coordinadores reais” da morea de campañas de promoción e tamén das actividades culturais ( moi des/coordinadas) que se amorean polo Camiño
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES