Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia, millonaria

viernes, 06 de julio de 2007
Terra de promisión parece Galicia cando nos enteramos de que as persoas empregadas neste país pasamos dun millón. Realmente, 1.077.536. Son os asegurados que rexistrou en Galicia a Seguridade Social no pasado mes de xuño, todo un record que supón o incremento do 3,89% sobre o mesmo mes do ano anterior.

Pero o que máis chama a atención é a distribución dos asegurados por sectores, xa que en Galicia so 48.663 persoas cotizan por conta propia á Seguridade Social Agraria, e 4.439 por conta allea. Hai logo 26.056 do rexime especial do mar, e 19.462 empregados do Fogar. 190.555 son autónomos, e o resto, 788.300, pertencen ó rexime xeral.

Que distante aquel país labrego e mariñeiro de hai anos da Galicia de hoxe na que nin o dez por cento dos cotizantes pertence ó sector agrario, e o groso dos asegurados corresponde ó rexime xeral: industria, comercio, servizos… Como calquera país civilizado de occidente.

Medrando a cifra de asegurados, medran as empresas e a producción. Temos superado o millón. En tempos, esto era ser millonario. Galicia, millonaria en xente que produce e traballa, ten xa máis dun millón de galegos empregados. E seguimos medrando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES