O vello non da morto e o novo non remata de nacer
Cardalda, Theo - viernes, 27 de octubre de 2017
O que está acontecendo en Cataluña é un reflectir da crise do sistema do réxime de 1978, por un bipartidismo que acompaña a esa terceira pata que é a monarquía, son os únicos responsables desta forma de facer política corrupta e clientelismo. Polo tanto, trátase dunha crise de sistema cunha corte de parásitos corruptos (abarroteros, empeñistas, chulos de braguetazo, patriotas jactanciosos, doctores sen reválida, periodistas hampones e aduladores. Así nomeaba aos corruptos na súa obra Tirano Banderas D. Ramón del Valle-Inclán en 1926 ).
Hoxe estamos nunha etapa histórica para avanzar por unha verdadeira democracia, na que se protexan os dereitos fundamentais dos cidadáns: liberdade, igualdade, fraternidade e xustiza social, dereitos todos eles esnaquizados e con unha Constitución prostituída por unha clase política gobernante vendida ao máis noxento, detestable e criminal neoliberalismo salvaxe e o poder económico herdeiro do réxime franquista interesado nesta manobra, perdurando a Constitución de 1978, cousa que foi unha farsa (din o vellos rokeros políticos que non tiñamos outra alternativa) da que hoxe estamos pagando abondo con creces.
Agora Tanto O PP, PSOE e outro partido nacido da extrema dereita de nome Ciudadanos, ante o xurdido en Cataluña falan de trocar a Constitución. Aínda teño na miña mente aquel día da votación en 1978, tiña a sensación que aquilo xa comezaba a ter un fedor que lembro aquilo de: polo pobo, para o pobo pero sen o pobo. A cidadanía nun estado democrático, ten o dereito a decidir e polo tanto o pobo dirá o que queira que sexa este país. Intentaran entre os tres partidos facer unha reforma constitucional para lavar a cara, ou sexa, se non queres unha cunca de caldo bebes dúas. Estamos ancorados no pasado, o vello non da morto e o novo non remata de nacer, non hai maneira...
O aparatik dos tres partidos queren pechar en falso tanto o de Cataluña e do país enteiro, perdendo unha oportunidade de consultar ao pobo a modernización do estado español, seguirán de costas á cidadanía como fixeron co artigo 135 da Constitución, trocado con nocturnidade e aleivosía en favor da banca e contra a maioría dos cidadáns españois, agora tamén co 155 aplicado en Cataluña sen intentar sequera un diálogo.
Teño a sensación que lle teñen medo á democracia e ao pobo. ¿Porque non llo consultan á cidadanía nun referendo?.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora