Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia sempre despreciada

viernes, 27 de octubre de 2017
Cada vez morre máis xente polo egoismo doutros. Xente traballadora, xente de ben que está sendo vítima das inxustizas do poder.

Fai pouco, Facenda mandou unha empresa facendo fotos polas palleiras. Fotos de 60 € que pagamos nós a unha empresa privada contratada pola Xunta de Galicia. Un traballo de campo buscando posibles construccions ou variacións que non constaran no catastro para recaudar máis. Máis IBI, máis fotos e, de repente, un alpendre que abriga un burro convírtese nunha cochera. Pola zona de Ferrol tamén andan detrás doutros delincuentes perigosísimos: os plantapatacas. Veña inspeccións da polilla guatemalteca. Porqué somos sempre os mesmos chivos expiatorios?

Cando o chapapote, todos axudaron coas mans e eles puxeron o corpo para a foto. Dame noxo verlles tantas medallas no peito, non se pode confiar nesa xente. So teñen a Galicia para encher ós seus bandullos de marisco, pero do mellor. Por qué non o van pescar eles?. Moitos mariñeiros non volven do mar, e as viudas e orfos quedan cunha pensión miserable.

Convertiron a nosa terra nun eucaliptal a base de políticas nefastas. Non hai máis que ver a falta de previsión nos devastadores incendios destos días. Galicia se vende. Véndese a calquer empresa que se queira facer rica aínda que arruine o país.

Son doentes polos cartos.

Despois falan de “Galicia calidade”. A calidade estana destruindo por tódolos lados. Que mágoa, non haberá ninguén que a defenda?.

Despois bombardéannos co eslogan: “Ruralízate”. E como? A caza de bruxas contra o noso agro está afogando ós labregos.

Un consello, aforrade os cartos de toda esa publicidade, parece que vos rides da xente.

E tampouco fai falla que fagades propaganda institucional da xestión do lume, porque ninguén vos cree xa.

O único que salva a Galicia son os galegos que están sempre ahí. No Prestige, en Angrois, contra o lume, no agro, na sanidade publica, no mar, no ensino público, defendendo o patrimonio….
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES