Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O que pasa no monte

miércoles, 25 de octubre de 2017
O que ocorreu hai dez días foi unha traxedia humana, ecolóxica e económica tal que tardaremos moito en evaluala e asimilala, aínda que o lume sexa habitual no monte desde hai medio século, afortunadamente sen a crudeza destes incendios.

Que os cidadáns non saibamos quen queima o monte, é posible, e incluso que nos medios informativos sexa difícil determinar por que arden os montes e quen os fai arder. Pero o que me costa traballo asumir é que o goberno da Xunta e o de Madrid, cos demais gobernos autónomos, non saiban por que arden os montes, por que aparecen tantos focos simultaneamente, por que non se da detido aos culpables ao nivel que sexa, e por que non se emprende unha campaña preventiva dos lumes a conciencia, con ganas, sabendo o que hai que facer e facéndoo.

Pero se me é dificil pensar que na Xunta non saben o que está pasando, eme imposible estimar que as forzas e corpos de Seguridade do Estado non están ao tanto da cuestión.

A Policía nacional está nas capitais da provincia e localidades importantes. Parece que non é cousa deles. Pero a Garda Civil está en todos os concellos, patean os camiños e os montes, non se move unha peersoa no rural que non controlen. ¿Non saben quen queima o monte?

A policía autonómica ten patrullas polo rural para descubrir infraccións urbanísticas e outras irregularidades. ¿Só miran para esas cuestión administrativas? Paréceme moi raro que non saiban nada. Que non o digan é outra cousa.

Controlados como estamos a nivel persoal, administrativo, económico, de actividades, non se sabe quen queima o monte… Eu en tempos creía que o sabía. Porque fun testigo, sendo neno, comezo dos anos sesenta, de cómo o Patrimonio Forestal, coa fórmula legal que fose, lles roubou os montes aos veciños, que deixaron de poder ter vacas e bestas en liberdade no monte comunal, por estar plantado de pinos. Cando anos despois eu preguntaba aos meus parentes da aldea quen queimaba o monte, sorrían de lado e torcían o fuciño. A venganza non tiña présa.

Medio século despois, paréceme raro que os políticos torzan o fuciño, e sen sorrir, pidan ao ceo que chova. Alguén ten que saber, e non só os incendiarios, quen e por que queima o monte.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania