Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ábrete de ideas, corazón!

jueves, 05 de julio de 2007
Leo en La Voz de Galicia que Orozco afirma ter o corazón e as ideas á esquerda. O do corazón está claro, mesmo en sentido físico. O das ideas entra no mundo etéreo das metáforas porque é difícil situar en que circunvolación se establece a corrente eléctrica entre neuronas que acredita vida e funcionamento do cerebro.

Orozco, que é da miña mesma colleita, ten que ter coñecido a canción de “La Yenka”, que marcaba itinerarios: “izquierda, izquierda; derecha,derecha; delante, detrás; un, dos, tres…”

As ideas circulan de acordo con ese ritmo, ou é que o baile que todos apreciamos leva outro?. Hai quen di que o ritmo que agora seguen as ideas vai de acordo co esquerdismo que goberna a colocación da carteira, como protexendo o corazón.

Preguntáronme o sábado nos “Encontros da Terra Chá”.¿Non che parece que os lucenses están defraudados porque non se poñan de acordo Orozco e Laxe?. Non souben que dicir.

Poñerse de acordo e gobernar, compromete. Apoiar sen comprometerse dá influencia pero menos réditos políticos. Que goberne a lista máis votada está ben pero sempre dependerá (esquerda... dereita…) de outra forza para as decisións importantes.

De todos é coñecido aquelo do neno que preguntaba a súa nai se o corazón tiña pernas. Se en lugar de corazón atendemos ás ideas, nós, politicamente nenos sempre dubidosos, teriamos que cavilar por que nestes tratos, escoitamos dicir a cotío “Ábrete de ideas, corazón”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania