Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 25 de octubre de 2017
O embigo do mundo?

Ala vou. A onde? A ningures. Son dos que digo e non fago, dos que marcho e quedo quieto, dos que asubío e non canto, ou ó revés. Que si. Que hai flores que nacen en esterqueiras. E hai estercos que queiman as flores. Non todo é o que parece. Ás veces, que raio, non é nada. Pensas que es o embigo do mundo e nin tan sequera es o ollo do cu. Erramos naquelas cousas que máis queremos. Ou que máis desexamos. Tampouco é que as busquemos moito. Esa é a verdade. Todo hai que dicilo. Se non dicimos as cousas non se saben. É mellor dicilas aínda que non signifiquen nada. Dicir algo. Que non digan que non sabemos se subimos ou baixamos. Sabemos, sabemos; o que pasa é que… que carallo lle importa ó que pregunta. Ós galegos, tamén é certo que se nos dá a gana quedamos quietos. E punto. Aquí estou. De onde ves? De ningures. Moitas veces nin tan sequera sei onde estou, como vou saber entón de onde veño! E se o sei, a ti que che importa, home, a ti que che importa. Veño de alí, vou para alá, estou aquí. Que máis dá! Móvome, estou quieto, é igual. Non todo consiste no interese de saber. Case é mellor non saber nada.
Pingas de orballo
A culpa foi do parasol

Alá polos primeiros días de setembro de 1897 un xornal galego informaba do falecemento do cóengo que fora da catedral de Santiago, señor Martínez. Pero tal falecemento debeu causar certas suspicacias que días máis tarde ese mesmo xornal volveu ó acontecemento para aclarar un chisco esas sospeitas ou desconfianzas. Este xornal tamén botaba man doutro xornal, xa ourensán, para aclarar que o señor Martínez ía montado sobre unha mula, en Baños de Molgas, e que tivo a desgraza de que ó abrir o parasol, o animal se espantara, despedíndoo con forza da sela, e que foi a caer sobre unhas pedras. O golpe esnaquizoulle dúas costelas e unha delas metéuselle en pleno pulmón. Non conseguiron salvarlle a vida. Morreu ós dous días. Sei dos espantos dos equinos. De rapaz montei sobre varios burros e había que estar moi atentos ós camiños. Algúns animais, ante un simple plástico ou ante un breve movemento, chimpábante cun simple e enérxico brinco. O cóengo, para máis aquel, botou man do parasol, seguro que á beira dos ollos da besta e, claro, esta, ante o que se lle viña de esguello, igual pensou que era a fin do mundo. Dun brinco, matouno.

Na busca de Bettina Rodriguez Aguilera

Mañá mesmo empezarei a buscar o paradoiro da republicana estadounidense Bettina Rodriguez Aguilera, que seica contactou varias veces con extraterrestres. Eu si que quero Pingas de orballocontactar con ela para saber como fixo. Buscounos e chamounos ela ou foron eles os que, desde as alturas, lle botaron o ollo. Segundo me diga, así o fago. Porque eu tamén quero comunicarme cos alieníxenas de máis alá das estrelas, ou máis alá do infinito. Vai ti saber! Xa me dirán eles de onde veñen e a onde nos dirixiremos. Porque, ó mellor, só están por aquí de pasada. Ó mellor ían camiño de Xúpiter, por exemplo, e xusto ó pasar por enriba do Monument Valley albiscaron a Bettina e dixeron: esta é a nosa ocasión, a de descubrir e investigar noutros seres extraterrestres. Porque, claro, se para nós, os de máis alá das estrelas ou máis alá do infinito, son extraterrestres; digo eu que, para eles, nós tamén pertenceremos a máis alá das estrelas ou máis alá do infinito. Claro que, ó mellor, igual nos chaman papafilloas e non extraterrestres. O asunto ten o seu aquel. Ai Deus, que emoción!; coas ansias que teño de viaxar polo espazo sideral, aínda sen ser astronauta. Bettina, fai unha fogueira e manda sinais de fume que alá vou.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES