Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lumes de outubro: reflexións curtas

miércoles, 25 de octubre de 2017
Antes de empezar este artigo, debo amosar a miña solidariedade con todos os que viron ao lume ameazando toda a súa vida. Así mesmo, quero facer chegar o meu agradecemento a todos os profesionais e voluntarios que loitaron contra o lume e o meu pesar polos falecidos nesta auténtica traxedia colectiva. Por último, un desexo firme de que caia o peso da lei sobre aqueles que prenden lume ao monte e que merecen acabar nunha cela ao meu xeito de ver cunha multa que lles custe pagar a súas costas.

Feito todo isto dito co corazón e co sentido, toca reflexionar:

1. Que estamos facendo para evitar o cambio climático? Negalo? Pechar os ollos e tapar a cabeza como a avestruz? Está aquí, é absurdo debater a súa existencia. O que hai que debater é posibles solucións que contribúan a minimizar os seus efectos.

2. Que imos facer co que se queimou? Imos volver permitir recalificacións?

3. Que uso lle queremos dar ao noso monte? Que é máis recomendable, agrícola ou forestal?

4. Quen vive no rural non debería ter máis dereito que aqueles que tendo casa no rural non teñen unha relación económica vital co medio? Dito de outro xeito, quen ten prioridade no acceso ao monte?

5. Que queremos plantar e como queremos plantalo? Lembrade que as plantacións deben ser comunitarias e non individuais no que respecta ao monte. Lembrade, tamén, que estas plantacións responden a intereses económicos, non forestais.

6. Nas plantacións comunitarias, que especies imos permitir, autóctonas ou foráneas?

7. Que actividade fixa poboación no rural, plantar ou sementar?

8. A solidariedade co sector primario vai moito máis alá de apoiar o incremento do prezo do leite. Sen monte sementado é imposible manter ao gando.

9. A actividade agro gandeira está xerando un número de postos de traballo fixos nada desprezable nas zonas rurais.

10. Como podemos organizar os servizos anti-incendios para estar constantemente protexidos dado o clima inestable e non estacional que estamos a padecer?

11. É necesario un endurecemento radical da lei contra este tipo de terrorismo pero, tamén, incrementar os medios para poder deter aos delincuentes e facerlles pagar a súa barbarie.

12. O inverno, vindo como é normal no noso clima é a mellor época para extinguir os incendios. Un monte limpo é un beneficio colectivo.

Temos a necesidade imperiosa de non esquecer, de organizarnos cara ao clima que poida vir. Ogallá agora chova, ogallá como corresponde veña o inverno con frío e neve (que contribuiría a limpar a atmosfera) pero senón aprendemos repetiremos os erros. Por iso, quizais, no terreo político haxa que pedir unha acción tan simple e tan complexa como empezar xa a traballar na prevención.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES