Atados e ben atados
Editorial - jueves, 05 de julio de 2007
Os alcaldes, normalmente, están sostidos por un grupo municipal que avala as súas decisións e apoia as súas propostas, de xeito que non queden desairados, desasistidos, e rexeitadas as súas pretensións.
Gobernar en solitario, no caso de lista máis votada e noutras minorías, require un tremendo oficio, diálogo continuo e un tira e afloxa que durará catro anos.
Os problemas hanse presentar en calquera momento, por calquera fricción, diante do máis mínimo obstáculo, e os administrados terán a sensación de vivir nunha provisionalidade permanente, pero tamén nun diario xogo de exercizo democrático.
Cal é o mellor- minoría ou maioría artificial- dirano os politólogos e os habitantes dos concellos afectados, nunca como agora vivos en actividade política que debe dar paso axiña á tranquilidade do traballo diario da administración sosegada.
En Xove, goberna en precario minoría- o Partido Popular, que non foi capaz de conseguir que se aprobaran tres dedicacións exclusivas, incluída a do alcalde. O resultado é que Xove non vai ter alcalde a pleno rendemento, senón que o primeiro mandatario, por acordo en contra do Psoe, Bng e Independentes Avexo, seguirá a traballar como técnico local de emprego do concello de Burela.
A proposta era de medio kilo mensual, cantidade que ven rondar os tres mil euros, porque o alcalde sostén e con razón que estando dedicado en exclusiva non vai cobrar menos que determinados funcionarios municipais.
O poder da oposición é tremendo c ando se fala de cartos. Estes catro anos imos ter abundantes ocasións de asombro, porque a fin de contas primun, argentum- son malos tempos para a lírica política, e todo está atado para o que está. Van ser catro anos ben ateigados de acontecementos, a pesar - ou a causa - das ataduras.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora