Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tres por cento

sábado, 21 de octubre de 2017
Non mo creará, benquerido lector, pero hoxe senteime a escribir con ánimo tecnicista e logo de ter visto, ter lido e ter escoitado auténticas barbaridades tanto nas redes sociais máis arroutadas e indocumentadas, coma nalgúns dos medios nacionais máis serios, decidín achegar un grao de razón á causa e voulles inserir aquí, en versión resumida, por onde camiña a tan devecida solución á lacra dos incendios forestais. Velaí:

"Dotar a Galicia dunha rede de espazos sensibles que satisfagan a conservación e recuperación do patrimonio natural e dos bosques autóctonos.

Conseguir unha cultura forestal na sociedade galega acorde coa súa importancia estratéxica e baseada en fundamentos científicos e profesionais.

Fomentar unha silvicultura profesionalizada como base indispensable para o aproveitamento integral dos recursos forestais e asegurar a súa renovación.

Ter en conta a mellora das estruturas produtivas, co fin de que a dispersión e pequena dimensión actual das parcelas e das explotacións non impida unha produción estable e competitiva dos montes.

Incrementar a produción e calidade das madeiras ampliando as superficies arboradas, principalmente en terras ocupadas polo mato pero tendo en conta as producións agrogandeiras, e mellorando as masas arboradas a través da ordenación forestal.

Promover a producción de madeira de calidade nos montes de xestión pública.

Promover un tecido de empresas e industrias forestais que elaboren todos os produtos do monte.

Integrar ós diferentes axentes do sector forestal mediante o apoio ás súas organizacións profesionais.

Establecer unha Administración forestal con servizos comarcalizados de xestión e con competencias acordes coa nova dimensión do sector.

Desenvolver un sistema de formación e de ensinanzas forestais que satisfaga as demandas de especialistas dos diferentes ámbitos forestais.

Fortalecer e complementar o sistema de investigación forestal de Galicia como elemento clave do desenvolvemento do sector.

E a máis importante de todas: Investir o 3% do orzamento anual da Xunta de Galicia no desenvolvemento de todo canto foi dito anteriormente. E isto ó longo de 40 anos, que é o prazo que se considera axeitado para o seu desenvolvemento."

Pois ben, benquerido lector, como seguro que xa se terá decatado, o que acabo de escribir non é, nin moito menos, da miña colleita. É -pasme vostede- do Plan Forestal de Galicia de 1992! Hai un cuarto de século!

Imaxina por un momento como podería estar hoxe, de ben, o monte galego se ese plan levara 25 anos desenvolvéndose?

Eu, pecho os ollos, e si que son quen de facelo. O que non dou imaxinado, e mire que o intento, é unha clase política comprometida de certo -ás probas me remito-, non só co monte, senón co medio rural galego.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES