Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O crime do Valadouro

viernes, 20 de octubre de 2017
Polo remate de outubro de 2004, asistímos en Ferreira á presentación do libro 'O crime de Santa Cruz do Valadouro', da autoría do xornalista daquela bisbarra, Miguel Vila. Digamos que era éste tema que no seu día, e pasados moitos anos, espertaba un grande interese, ao tratarse dun suceso real, que seguíu por moito tempo na memoria colectiva e perante décadas motivo de conversas, elucubraciós e coplas de cego en feiras e mercados, como sucedía sempre que se producía un feito que causaba convulsión tal na sociedade dadas, coma neste caso, as características do mesmo, a crueldade na execución e o insólito da trama.

O 22.11.88, seis veciños de Bretoña deciden poñer en práctica o golpe que había tempo viñan matinando: roubar ó cura de Santa Cruz do Valadouro, Manuel Neira Murado, con sona de home adiñeirado, xa que tiña cartos prestados pola zona pastoricense.

O brillante traballo de investigación levado a cabo por Miguel Vila, permite ter a versión documentada dos feitos, en grande medida coincidente coa popular, que tantas veces tiñamos escoitado, aínda que ampliadas a descripción dos antecedentes, a realización dos asasinatos e o proceso xudicial: a sentencia, o indulto e a execución do que non o logrou…

Formaban a gavela de delincuentes: Ramón Seco García, Ramón Seivane, Xosé Gabín, Antonio Fernández, Manuel Lugilde (concelleiro en Pastoriza) e Xosé Lindín, que sen atrancos, entran na rectoral e, na cociña, asasinan ó cura e ós catro criados.

A crueldade dos criminais foi tal que os cadáveres apareceron coas bocas tapadas con panos introducidos ata as gorxas, e ó carón o fungueiro dun carro. O botín do roubo: 970 Pts.

Celebrado, con gran expectación, o xuicio oral, díctase sentencia: os seis son condenados a morte. A pena produce sensación e aúnanse esforzos por lograr o indulto; e chegou éste, que beneficiaba a cinco; á mañán seguinte o verdugo da Audiencia de Valladolid, Lorenzo Huerta, daba cumprimento á sentencia de morte só para Lugilde. Deiquí procedía o dito, que a vox pópuli acuñara: “Vas a pagalas coma Lugilde”… Os compañeiros foron trasladados ó cárcere de Ceuta, a perpetuidade. ¿Cál condena sería a menos dramática…?

Na súa intervención Miguel Vila pedíu, con toda xustiza, que á Casa da Cultura que acollía o acto se designara co nome do ilustre dramaturgo valadourense, Manuel Lourenzo, quen pouco había recibira o título de Lucense del Año que concedía a Asociación de Radio e Televisión de Lugo. No mesmo acto, o que suscribe tiña a honra de ser receptor de indéntico galardón.

(Do noso arquivo)

Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista oficial de Foz.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES