Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morrendo e aprendendo? Creo que non

jueves, 19 de octubre de 2017
Parece que cos anos se non se perdeu inquietude debera estar un algo máis preparado pra entender e aprender, pero eu non o dou conseguido.

Fun adaptándome a coches novos que a necesidade me impoñía, tamén a novas normas de tráfico perdendo algún punto e pagando algunha multa.

Dinme adaptado ás novas tecnoloxías dos ordenadores e dos teléfonos móbiles.

Aprendín a escribir móvil en castelán con v e en galego con b.

Por narices tiven que aprender contra gusto algún palabro en inglés e ata aprendín a falar de novo por un burato na gorxa cunha prótese fonatoria.

Pero o de Cataluña non o entendo. Lin canto puiden, escoitei tertulias, prestei atención con repugnancia a catro ou cinco que me insultan e penso que se rin de min en subtitulado, pero non hai maneira. Non entendo e non entendo.

E o dos incendios o fin de semana pasado en Portugal, Galicia e Asturias tampouco. Como teño que estar moi quieto dispuxen de tempo e informeime canto me foi posible en internet, tamén vin moita tele, mandáronme traballos moi interesantes, lin analicei e agradecín o comunicado dos bispos, ata escoitei un vídeo que me chegou dun rapaz que nin se presenta nin o presentan, que non me parece galego falante habitual, porque fala o galego disecado do libro. Pois este intruso, metido nun coche, púxose a ensinarme sen conseguilo como arden moito máis os pinos e os eucaliptos cós carballos.

No seu experimento colleu unha folla verde de eucalipto e co chisqueiro tratou de demostrarme que aínda que estaba verde ardería. Intentouno tres veces cunha verde, xuvenil lle chamou, pero non ardía, logo colleu un cacho que dixo semiseco doutra que afirmou que tamén era de eucalipto, pero tal e como a amosou non se sabía, e prendeulle e aquilo ía ardendo, pero sen apurarse moito. De remate probou cunha moi verde moi, verde de carballo, autóctona e …bingo! Non ardía! Disque as autóctonas teñen moitos menos fenoles que as outras.

Cando eu estaba agardando que probase cunha seca de carballo ou de castiñeiro, pasou de largo endilgarme una lección maxistral sobre a problemática do mundo rural e a poñer a parir á Xunta de Galicia por varias cousas.

Non sei cal é a profesión do rapaz, xa case semihome. Dixo que viña de traballar, pero non dixo en que. Pedagogo creo que non debe ser.

Logo, observo que en Galicia onde máis ardeu non é en zona de moita abundancia de eucaliptos como é a mariña lucense, senón en lugares coma o Caurel onde abundan carballeiras e soutos. Non me parei a mirar en detalle en Ourense e Vigo, pero tampouco me parece que, polo menos en Vigo, houbese moitos eucaliptais e menos dentro da cidade. Falouse de trama, de terrorismos de intereses das mesma empresas contratadas pra apagaren… fixéronse manifestación en contra da política da Xunta antes de que acabasen de apagarse os lunes… Sigo sen aclararme nin pouco nin moito e por iso fágome algunhas preguntas seguramente sen xeito: Os lumes poden dar ou quitar votos?

En caso afirmativo una das causas pode ser política partidista? Coñezo a alguén capaz de facerse un asasino clandestino por ideais políticos e falta de ideais humanitarios? Só teño resposta pra esta última. Si, coñezo varios e un ata foi alumno meu, pero no colexio intentamos ensinarlle outras cousas. Máis arriba xa non sei.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES