Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Internet, para todos os públicos

miércoles, 04 de julio de 2007
Unha vella clasificación de películas asignaba o cualificativo de “Autorizada para todos os públicos” a aqueles filmes que, pola temática e polas formas, polo contexto e polo texto, non tiña problemas para ser vista polos máis novos.

Hogano, esa cualificación, cos necesarios reparos (tamén había as películos para “maiores, con reparos”), podería asignarse ó fenómeno de Internet, non porque alguén “autorice” este novo medio para os rapaces, senón porque os rapaces teñen conquistado este novo mundo, moito máis á súa medida que á dos restantes habitantes deste país.

Aínda que sexa un dato local, sábese polo Instituto Galego de Estatística que o pasado ano, en Vigo, catro de cada dez nenos entre cinco e catorce anos, se conectaron a Internet. E que a metade dos nenos de máis de cinco anos, usa o ordenador.

A situación en Vigo en canto a Internet supera en dez puntos á media de Galicia, pero é unha referencia perfecta para considerar a situación de Internet entre os máis novos.

Máis nos vale ós galegos, e a todos, que Internet sexa “para todos os públicos”, porque “todos os públicos” como grupo de poboación ten conquistado Internet.

Sempre se fala da Rede como o medio referente do futuro. Pois o futuro ten xa comezado. Só falta controlar as parcelas de Internet ás que acceden os máis novos para evitar problemas. Como en calquera outro medio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES