Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espazo persoal

jueves, 19 de octubre de 2017
¿Non se ten atopado con alguna persoa que ó quedarse viúva, non sabe que facer coa súa vida porque todo o levaba a persoa falecida?

¿Non ten visto algunha criaturiña superprotexida que non sabe como enfrontarse á vida porque lle deron todo feito na casa?

¿Non ten oído que algún adulto xa casado/a non “sae da saia“ da súa mamá?

Estes e outros moitos casos parecidos danse porque existen persoas moi acaparadoras e outras que se deixan superprotexer en exceso.
Debe ser que unhas teñen xenes moi dominantes e otras moi recesivos.

Non hai ningunha ganancia en darlle todo feito á infancia.
As criaturas precisan o seu espazo persoal para realizárense como corresponde ás persoas da súa idade.
Teñen que aprender a irse abrindo camiño na vida.
Para vivir no mundo hai que saber “lidiar” os diferentes atrancos que vai poñendo a vida; e para eso hai que irse entrenando desde idades temperás.
Todos sabemos dalgunha persoa tan cohibida que non ten as ferramentas necesarias para enfrontarse ó medio e sofre moito.
Eso é un problema tanto para ela como para a súa familia.

Tamén sa sabe de moitos matrimonios que se rompen por culpa dun “vínculo esaxerado” cos proxenitores.

Ninguén di que non se deban respectar os valores dos ancestros; pero cando se forma unha nova familia cómpre darlle forma con autonmía e identidade propias.
Cada familia é unha nova unidade con personalidade propia. Necesita os seu propio espazo.

E hai moitos casos que ó quedarse viúvos, atópanse que non teñen ni idea de como levaba certas cousas a persoa coa que conviviron moitos anos.

Por exceso de confianza, por convivir, por comodidade ou polas razóns que sexan, hai persoas que pasaron a maior parte da súas vidas sendo “UN NINGUÉN”.

Non, non.
Ninguén debe ser propiedade de ninguén.
Ninguén debe delegar a súa vida na de ninguén.
Unha cousa é compartir e outra ben diferente é delegar.
Hai que saber distinguir.

CADA PERSOA TEN A SÚA IDENTIDADE PROPIA E PRECISA O SEU ESPAZO PERSOAL.
Do mesmo xeito que precisamos un espazo físico no autobús, no cine ou na cola do supermercado; tamén precisamos un espazo intelectual, un espazo afectivo, un espazo psicolóxico, un espazo espiritual…

Cada persoa precisa un espazo intelectual no que desenrolar as súas propias facultades mentais.
Do mesmo xeito que ninguén pode pensar coa cabeza doutro; tampouco pode decidir por outro.
Cada persoa ten que disfrutar da súa propia liberdade á hora de decidir.

Cada persoa precisa ter liberdade para amar a todos en xeral e a algunhas persoas de xeito particular.
O cariño chega para todos; non hai razón para poñerlle límites.
CADA PERSOA PRECISA UN ESPAZO AFECTIVO RODEADA DAQUELAS PERSOAS COAS QUE MELLOR POIDA REALIZARSE.

Cada persoa tamén debe ter liberdade para practicar ou non practicar unha relixión de tal xeito que teña uns resortes ós que asirse nos momentos máis transcendentais da súa vida.
Necesita ese espazo.

Moitas veces ese espazo vennos dado por unha tradición familiar ou cultural; outras elixímolo nós mesmos conforme imos madurando; pero en calquera caso, necesitamos un respecto absoluto nese campo.

Non son poucos os casos nos que –por exceso ou por defecto- alguén intente impoñernos unha ou outra tendencia.
Non, non.

Eu observo que moitas criaturas son privadas dese dereito polos seus propios pais; alegando que xa farán como queiran cando se fagan maiores…

Pero por outra banda non lle piden permiso para inculcarlles unha determinada tendencia política ou por facelos socios do seu clube de fútbol favorito.
¿Cómo se explica esto?

Do mesmo xeito que para relacionarnos habitualmente con outras persoas pola rúa, precisamos gardar unha distancia mínima de corenta e cinco centímetros entre nós e o interlocutor; tamén necesitamos gardar esa “distancia psíquica” a tódolos niveis.

Eso que habitualmente chamamos respecto; pero que moitas veces non respectamos.

Ademais de mal educados, SOMOS MOITO MÁIS EGOÍSTAS DO QUE PENSAMOS.
Convén cultivar máis o altruísmo

“CULTIVANDO O ALTRUÍSMO”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES