Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O poder adquisitivo

martes, 03 de julio de 2007
Os analistas din que o poder adquisitivo, o de todos nós, baixou desde que está gobernando Rodríguez Zapatero. Que subiron os soldos, pero tamén os custos, e o resultado ven ser negativo, notémolo ou non.

Houbo un tempo en que debeu ser boa a situación económica, porque o goberno do Partido Popular pasou anos botando peito presumindo desta bonanza que permitía ás familias non só vivir senón mesmo aforrar.

Non é que aquel tempo rematara, que posiblemente nin as épocas boas son tan boas para todos nin as malas son para ponerse a chorar. Aquel tempo pasou, e o sinal de que pasou témola no Euribor, esa especie de espada de Damocles que todos temos pendurada sobre as nosas cabezas, specialmente os titulares de cretos sexan ou non hipotecarios, que ven ser o mesmo.

O poder adquisitivo baixa, e sen embargo son millóns os desprazamentos en calquera ponte festiva, as vacacións fan encher de veraneantes as zonas de sol, praia e montaña, suben os combustibles con total normalidade, e non temos máis indicio dese poder adquisitivo perdido que o que nos din os comentaristas económicos que seguro saben o que din ó respecto.

Claro que o do poder adquisitivo, a comezos de xullo, ten unha importancia relativa nun país no que unha parte importante da población se vai de vacacións: a metade agora e a outra metade en agosto. E os que non se van, moitos polo do poder adquisitivo, vense menos porque son moito máis silenciosos.

Do do poder adquisitivo enterarémonos en setembro, cando pase esta marabunta de verán. Pero, como di a canción, xa se encargarán os nosos gobernantes de que cando chegue setembro “todo sexa marabilloso”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES