Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha xuntanza

martes, 17 de octubre de 2017
Ó carón agarimoso do Sr. Obispo, Monseñor de las Heras, perto dun cento de antiguos alumnos do Seminario de Mondoñedo xuntámonos nunha nova xornada de convivencia para dar continuidade á celebrada xa fai dou anos co gallo do Quinto Centenario do nacemento de tan insigne Institución.

Despois dos saúdos pertinentes, o ex-compañeiro e amigo Félix Villares Mouteira, responsable da valiosísima biblioteca do Seminario, amosounos, con charla e demostración, as súas maravillas bibliográficas nas que cabe salientar vintetrés incunables, o primeiro diccionario galego e unha obra de San Boaventura sobre a vida de San Francisco de Asís ( só hai tres en España). Mais de trinta mil volúmenes, procedentes de mosteiros e institucións, convirtena nunha das máis importantes de Galicia.

Seguidamente celebrouse unha Misa de Acción de Gracias presidida polo Sr. Obispo e auxiliado por unha vintena de sacerdotes, na que fumos exhortados a manternos firmes nos valores daquela formación.

Por último, unha opípara comida de confraternización, servida polo catering do compañeiro Eladio, sirveu para compartir vivencias e recuperar os tempos idos cunha singular camaradería na que cómpre reparar, dados os variopintos vieros dos alí reencotrados, mestres e alumnos, labregos misturados con catedráticos, por exemplo, sen decatarse de quen era quen. Iso só o logra unha institución coma o Seminario.

Velahí unha nova lección daqueles velliños curas que sempre están aí coa súa humildade, cos brazos abertos e un amplo sorriso para recibirnos. Deus os coide e apertas fortes.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES