Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 18 de octubre de 2017
Salustiano, o prudente

O home sae dun portal cun maletín na man. O home ten o pelo rizo e viste traxe, pero sen chaleco e sen gravata. O home chámase Salustiano Sober Sufrido. Os veciños chámanlle O Saído. Non sei por que. Salustiano diríxese ó coche que ten aparcado dúas rúas máis adiante. Sobe. Dálle ó contacto. E antes de poñer incluso o cinto de seguridade, pon música. Axiña se decata da hora e cambia o CD pola radio, para escoitar as noticias. Salustiano, agora si, pon o cinto e arrinca. Vai amodiño. Respectando os sinais de circulación. Non quere que o multen. Sabe da fama que ten a estrada pola que circula; que nela caen multas Pingas de orballocada dous por tres. O Saído non é parvo. Tan axiña como rematan os titulares, só os titulares, das novas radiofónicas, opta por cambiar de emisora e escoitar un programa musical que lle gusta moito. A música do CD xa a escoitará cando poida. No medio do camiño crúzase cun coñecido e dálle á bucina. Salustiano, O Saído, sempre confesou que un saúdo non se lle nega a ninguén. El, como se ve, ata co coche saúda. Ós poucos metros ve ós de Tráfico multando a un condutor. Uff. Respira. Menos mal que el é prudente.

Máis paus que a aira do trigo

A noite metíase xa nas entrañas das rúas de Baños de Molgas, pero a Saturnino Meira Trabada, O Lugués, iso pouco lle importaba. Ou mellor dito, era o que quería. Porque era a partir deses momentos cando el facía a súa vida, cando vivía. A base de licor café polos bares da vila. Con tanto licor café axiña botaba a lingua a pacer. Ensinábaa de tal maneira que as súas frases, os seus ditos ían moito máis alá da decencia. Máis dun lla tiña gardada. E non tardou en acontecer. Xusto neste día, cando baixaba unha vez máis pola rúa do Agro camiño de calquera café da “Carretera”. Meteuse pola Aira do Pombal e foi alí cando, de súpeto, apareceron tres sombras silenciosas que se arrebolaron sobre el. Durante toda a liorta non pronunciaron palabra, quizais para que O Lugués non os recoñecese. En pouquiños minutos levou máis paus que a aira do trigo. Precisamente nunha aira. De todas as maneira, marchou para o bar e chegou tan ensanguentado que os poucos veciños asistentes apartáronse con certo temor. E con razón; porque foi entrar e Saturnino Meira soltou máis ca nunca a lingua. Pobre!

Estudando o sistema nervioso

De todos é sabido que o balneario de Baños de Molgas, e desde que existe, ou sexa, desde 1873, acolleu a certas personalidades máis que relevantes do panorama nacional. Unha delas, a todo un premio Nobel. Certo que cando pasou a tomar as augas quentes molguesas aínda non obtivera o premio, pero si era xa un famoso histólogo e especialista en anatomía patolóxica. Estou a falar do eminente médico don Santiago Ramón y Cajal, que á idade de 45 anos presentouse na miña vila no verán de 1897. O catedrático da Facultade de Medina de Madrid acadaría o Premio Nobel en 1906, compartido co italiano Camillo Golgi, en recoñecemento do seu traballo sobre a estrutura do sistema nervioso. Pingas de orballoImaxino que as augas de Baños de Molgas algo lle aportarían nese coñecemento, porque tamén é de todos sabido que as nosas augas quentes son moi boas para os trastornos do sistema nervioso. Sinceramente, son moi boas para moitas cousas: tratamento do reuma (o máis famoso), traumatoloxía, doenzas da pel, estrés, artrite, asma, reuma, etc. Por ser ata son boas para unha ferida causada por unha fouce, por exemplo. E dígoo con coñecemento de causa.

Esperpento Rei e Señor

Penso que podo ser a solicitude esperpéntica dun soño que nunca soñei. Solicitude que cubro, dato e asino nunha mañá de mediados de mes, por exemplo. Solicitude que levo nunha carpeta azul para un despacho cheo de poemas en branco, nos que cada verso imaxinado é coma un currículo sen experiencia. Non todos os días a rima en asonante nos leva xunto a unha lareira nunha noite eterna. Tempos nos que soñar carrexaba escribir toda unha novela. Quero ser a solicitude na que pido unha axuda por todos os encordios cos que me recompensaron os que non saben ler nas letras impresas. Hai moitas formas de dicir que o esperpento é aquel que non nos deixa indiferente. Son xa a solicitude que se aparcou nun arquivo que nunca máis se vai revisar, que ninguén vai buscar nin, moito menos, abrir. Así é que non queda outra que criar voaxa por entre os versos que nunca se soñaron escritos. A escuridade imperará como o esperpento nunha praza pública sen público. A couza, a traza comerá toda a solicitude na que se pedía axuda polo desatino do ser humano. Hai moitos seres humanos que pensan que son seres humanos. É aí onde o esperpento se fai rei e señor de todo o poema. De todos os poemas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES