Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por arriba e por abaixo

lunes, 16 de octubre de 2017
Por arriba e por abaixo Todos estamos preocupados do que acontece ou pode acontecer en Cataluña. E os ourensáns case máis ca ninguén. Porque os ourensáns somos así de solidarios, de bos amigos, de cordiais, de agarimosos. Temos moito cariño para os de fóra. Así é que non nos preocupa que a inversión pública na nosa provincia caera un 60% no primeiro semestre. Olliño, no primeiro semestre! Aínda queda outro semestre. Outro olliño, o 60%, é dicir, máis da metade! Pero que máis dá; nós a dar a cheda, a arrimar o ombreiro a que o Estado solucione primeiro, e ben, os barullos, as argalladas que ten fóra.

A nosa provincia xa rexurdirá das cinzas como ave Fénix da realidade miserenta que sempre tivo e que levamos camiño de que sempre terá. Houston, temos un problema do carallo: que segundo Galicia é o cu do mundo, Ourense é o ollo do cu. E imos camiño do per secula seculorum.

Algo moi semellante á vaga de incendios que asolan este recanto do mundo. Por que será que sempre nos toca a nós. Que intereses hai? Que pasa na nosa provincia? Sigo dicindo que, nesta, e en calquera outro lugar do mundo, os incendios apáganse no inverno. Claro que para iso precísase unha boa política forestal. Xa. Mais na nosa provincia si se fai “outra política”. Así nos vai: por arriba e por abaixo. Por arriba, sendo os primeiros nas calamidades con que nos recompensan. Por abaixo, sendo os últimos en practicamente todo, principalmente no trato con que nos fornece o gran Estado español. Así es que… soy español, español, español! Aquí paz e despois gloria. Paz en Ourense e gloria en… uff, que baleiro sinto!.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES