Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O don da vida

viernes, 29 de junio de 2007
O PRIMEIRO regalo recibido. E ademais, gratis. Cómpre coidar e protexer a vida. A propia e a allea. Vivir e axudar a vivir é un dos mellores xeitos de agradecela.


Hoxe celebramos a “xornada de responsabilidade no tráfico”. Ao comezo do verán e das vacacións datas nas que as autovías e estradas están a rebordar de automóbiles coa xa resignada mentalidade dun saldo medio de 3.300 mortos anuais. Por moito que se fale de que imos baixando en cantidade non podemos quedarnos coas rebaixas. As novas vítimas son un mal evitable. Seguimos a necesitar dunha eficaz educación vial e cívica. . Con ou sen a discutida e polémica nova materia de “Educación para a Cidadanía” .


O obxectivo da U.E. é reducir o ano 2010 a metade dos accidentes. Chámasenos, xa que logo, á responsabilidade. Persoal e colectiva. E tendo presentes aos nenos. Bieito XVI, ademais de lanzarnos un novo decálogo de pecados relacionados co tráfico, dinos : “a Humanidade débelle ao neno o mellor que se lle pode dar: unha protección especial para o seu desenrolo físico/mental e social para formarse no espírito da solidariedade, a comprensión e a xustiza”. O neno ten de acadar unha educación integral tamén no eido do tráfico para a axeitada convivencia tanto como peonil/viaxeiro como futuro condutor.


Esta fin de semana calcúlase que vai haber catro millóns e medio de desprazamentos, só por estradas. Polas galegas ao redor de 400.000. Temos a obriga de colaborar todos e todas a evitar esta terrible sangría desta nosa sociedade que chamamos civilizada.


Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES