Non hai quinto malo
Editorial - lunes, 02 de julio de 2007
Galicia, en quinto lugar, pero o refrán di que non hai quinto malo. O malo e que o refrán hase referir a que por ocupar un quinto lugar non se debe desmoralizar ninguén, porque é un lugar honroso.
O quinto lugar para Galicia, entre as autonomías de España, refírese ó descontrol en canto a edificacións e agresións da zona costeira, gañándonos en desfeitas Andalucía, Canarias, Valencia e Murcia.
Eso quere dicir que mellor ca nós están o País Basco, Cantabria, Asturias, Cataluña e Baleares.
O estudio efectuouno Green Peace, que resalta a existencia en Galicia de máis de seis mil vivendas ilegais, e ata oitocentas mil planificadas nun inmediato futuro que se ven paralizadas pola Lei que restrinxe a construción no litoral.
O litoral é obscuro obxecto de desexo por parte de propietarios e promotores, sabendo a ansia existente dunha segunda vivenda na praia, do noso acendrado sentido da propiedade, das relativas facilidades para a adquisición dun apartamento ou piso.
Non hai quinto malo, porque a situación pode mellorar se a administración se mantén firme e os particulares colaboran. E mellorar non é subir nesta especial tabla senón baixar postos normalizando a realidade que nos rodea.
E aínda considerando a relatividade de todos os estudios que se fagan, o certo é que Galicia merece un tratamento mellor do que se lle estivo dando. Que o malo non é o quinto (posto) senón os que nos colocan nel.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora