Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concienciar nun minuto

miércoles, 18 de octubre de 2017
Down Coruña e Borja Dorado volven á carga na difícil tarefa de sementar conciencia social e camiños para a igualdade de oportunidades. Desta volta fano producindo unha curta dun minuto onde se reflicte o que quizais é o maior ilímite que comparte a humanidade: a capacidade de amar e ser amado. Sempre resultou paradóxico que do noso mellor ilímite fixéramos o maior tabú social. Isto afecta como ben é sabido ao mundo da diversidade funcional, quizais en maior medida que a outros colectivos. Algo que exemplifica perfectamente no intenso debate sobre sexualidade que se dá en todo o entorno da diversidade funcional.

Nesta curta reflíctese o amor e o sexo libre entre dúas persoas. Coutar isto é multiplicar a dependencia minando a liberdade imprescindible do ser humano. Os que loitamos pola igualdade e pola inclusión necesitamos vela materializada na rúa, en cada esquina, en cada banco. Por iso, este traballo é esencial para explicarlle ao mundo que é tan sinxelo como ser nós mesmos e convivir en sociedade.

Os meus parabéns por un traballo que revoluciona novamente as acepcións da verba diversidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES