Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Damnificados en Galicia

jueves, 28 de junio de 2007
Neste veloz mundo de progreso que nos leva, no que todos podemos ser triunfadores, sempre alguén se queda atrás.

Na corrente irresistible dos avances, a mesma forza da corrente vai arredando ós que quedan por fóra, ós que non poden incorporarse ó lugar donde o líquido social flúe con maior velocidade. Son os damnificados.

Cando se produce unha alteración económica –nin siquiera fai falla un crack- sempre hai quen calculou mal, quen se arriscou demasiado, quen non da andado ó paso alegre do progreso. É un damnificado.

Cando sobrou xente no campo, a emigración foi deixando ermas as terras, e pouco a pouco a xente maior foi morrendo ou desarraigándose. Damnificados.

Son os que quizais aparecen nas estatísticas, diluídos nos promedios, os que malviven día a día, os que morren pouco a pouco, os invisibles porque ninguén conta con eles.

E sen embargo estes damnificados son os verdadeiros termómetros humanos da nosa sociedade.

Cando non teñamos damnificados, e os que teñamos perciban polo feito de selo un subsidio para malvivir dignamente, entón sí que poderemos dicir que Galicia está no camiño do Progreso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania