Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O terrorismo de Luva Branca

jueves, 28 de noviembre de 2002
O terrorismo de Luva Branca Dende que comezou o periplo como unha regadeira do petroleiro Prestige polas costas de Galicia, tanto as decisións oficiais que se tomaron, como as versións que se estaban e se están dando teñen unha carga de contradiccións, que fai posible que mentes pensantes, como a que se lle supón a calquera cidadán, asimilen sen obxección tan evidentes contradiccións. Nin máis nin menos que a mentira. Ao cidadàn se lle dan explicacións razoables (forma parte do pacto democrático entre o pobo soberano e os seus representantes políticos); pero sabido é que o razoable pertence ao universo do conveniente, e o conveniente fai moi malas migas coa verdade, non falo dunha verdade con pretensións de ser absoluta e obxectiva, senón dunha verdade necesaria. Necesaria para poder cimentar un código ético universal. Coido que en algún intre terán que explicar aos cidadáns o que realmente pasou dende que se lanzou o SOS ata o afundimento do Prestige. O fará quen teña que facelo, e para elo, espallará todo un abano de explicaciòns razoables. Ou sexa, de pretextos, de cortiñas de fume, de falsas razóns que pretenderan enmascarar razóns inconfesables.

Tódolos anos se transportan de 800 a 900 millóns de toneladas dende os portos comunitarios ou con destino a eles, e o 70% deste transporte na U.E efectúase fronte as costas do Atlántico, pola cal estas zonas son máis vulnerables principalmente a costa de Fisterra, sendo moi numerosos os petroleiros que navegan por estas augas comunitarias sen facer escala, o cal supón un volume, e polo tanto un perigo suplementario.

Na actualidade temos unha correlación xeral entre a idade dos buques e os accidentes. Dos 77 petroleiros que naufragaron entre 1992 e 1999, 60 tiñan máis de 20 anos.

Ante esta pequena estatìstica, a maioría dos accidentes veñen por fallos estructurais (fisuras, corrosiòn e fatiga de materiais). Pero a situación máis complexa de todo este entaramado petroleiro, son debido ás prácticas de “fretamento” que se estàn a utilizar no comercio do petróleo con toda impunidade, debido a unha política neo-liberal que se está impoñendo no mundo. Explícome: Dende fai un tempo atràs, as compañías petroleiras prescindiron en gran parte das súas flotas de petroleiros, e a realidade hoxendía só controlan unha cuarta parte da flota mundial, ante esto acontece unha “atomizaciòn” de armadores, que inclusive a división desta flota aparecen empresas dun só buque, abandeirados en países chamados “paraísos fiscais”. Empresas en forma de sociedades ficticias rexistradas neses países, desta maneira os armadores reducen os seu risco financeiro. Inclusive non é moi doado saber que toma decisións e tratar de buscar aos verdadeiros responsables.

Atopar os petroleiros máis baratos no mercado é un elemento primordial do negocio destes elementos desaprehensivos. A competencia de prezos de fretamentos no mercado ao contado, é moi forte. Na realidade, a idade do buque importa moi pouco a hora de tomar as decisións, xa que o prezo o dicta o arqueo que se ten dispoñible moito máis barato que ofrecen os buques máis vellos. E nesta loita que está imperando no mundo de competitividade salvaxe, é moi difícil que a calidade resulte moi rendible, xa que os pequenos armadores e operadores a baixo custo están nestes intres gañando cota de mercado, co o conseguinte risco para a seguridade. Non estou a falar de empresas e responsables físicos de África ou de China, estou a falar de empresas e persoas con nomes e apelidos europeas que recorren con moita frecuencia a pabellóns de paraísos fiscais. Así, buques europeos anarbolan bandeiras de Liberia, Chipre, Malta, Bahamas, etc, con tripulaciòns asiáticas de moi baixo custo, que tamén entra no porcentaxe de siniestrabilidade, onde a formación e competencia destas tripulacións deixan moito que desexar, xa que este factor é unha parte moi esencial e mellora da seguridade no mar, incluíndo as condicións de traballo nas que se atopan estes mariños; asì, a fatiga considerase unha das causas máis frecuentes de accidentes marítimos.

Estas empresas traballan con compañías Offshore de paraísos fiscais como Trading compagnies, Investment, Holding Companies, Property Owning Companies e Shiping Companies. Coas vantaxes seguintes: Non é obrigatorio celebrar unha reunión xeneral anual de accionistas ou directores. Total secreto e anonimato, xa que non é obrigatorio revelar quen son os verdadeiros donos. Non é obrigatorio presentar declaracións anuais de renda nin estados financeiros. Exención total de impostos para toda actividade ou transacción comercial que se faga fora do paraíso fiscal. Completa privacidade e confidencialidade comercial. Ausencia de requisitos mínimos ou máximos de capital. Os accionistas, dignatarios, directores poden ser de calquera nacionalidade e ser residentes de calquera país. Os directores pode ser persoas xurídicas ou fìsicas. As reunións se pode facer en calquera país.

As IBCs de Bahamas e os seus accionistas non pagan impostos neste país. A sección 85 da Ordenanza de Internacional Business Companies Ordinance lles dá unha certificación de Exención de impostos que garante que non se lle cobrará tributos durante un período de 20 anos a partir da data de incorporación da compañía. En Bahamas operan 350 bancos offshore e 58.000 IBCs.

Si moitas foron as causas do sinistro do PRESTIGE nas costas de Galicia, xamais acontecería sen esta primeira causa que é a piratería e o consentimento por parte dos gobernos que non son capaces de controlar este terrorismo de luva branca. Si puxeran o mesmo ímpetu que poñen contra a lacra do terrorismo mundial, puxeran contra este de luva branca, deseguro que non surcarían polos mares esta gran cantidade de chatarra que navega sen rumbo. A miña avoa (que na groria esté) dicía en moitas ocasións cando tiña a mosca detrás da orella:...”cando as cousas terían que ser e non son, é que hai gato pechado...” e de seguro que xamais escoitou falar de Parménides en toda a súa vida.
Nin falla que lle fixo.

Vilaxoán, 24-XI-2002
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES