Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moncho Borrajo despídese

miércoles, 27 de junio de 2007
Temblade, políticos, que Moncho Borrajo segue vivo.

O humorista galego está a actuar por toda Galicia, nunha xira de despedida despois de trinta e cinco anos nos escearios.

O pasado sábado actuou no Auditorio de Lugo. Arremeteu contra os adosados, as “pijas”, o galego sen acento, o anterior bispo de Mondoñedo, Fraga, Zapatero, o Bng… en xeral, contra os políticos.

É habitual que a este tipo de actuacións acuda a nata e a fror da política provincial. No caso de Moncho Borrajo non, porque é un perigo. ¡Ai do que caia na súa lengua viperina!, ¡Ai do que chame a súa atención!, ¡Ai do político!. Na sala, ningún político de primeira fila. Dous delegados provinciais de consellerías: un do Psoe e outro do Bng.

Unha ducia de veces –ó mellor só foron dez- arremeteu contra o Auditorio, as súas instalacións, a desaparición do Gran Teatro, avogando porque Lugo teña dunha vez un verdadeiro auditorio.

Non sabe Moncho Borrajo que o Auditorio ten 21 anos, que o levantou Vicente Quiroga porque en Lugo non había ningunha instalación pública, aproveitando unha antiga nave do matadeiro lucense ó mercar os terreos de Frigsa. Ata ao Presidente da Xunta, daquela Fernández Albor, veu a Lugo celebrar a existencia deste auditorio.

Desde entón pasaron por Lugo tres alcaldes, un con doble mandato, e esta segue a ser a primeira instalación pública lucense. Sorte teñen os tres de que M.B. non soubese maís do Auditorio.

Non é bo para os políticos deixar de acudir a un acto polo temor ó aceiro verbal dun humorista. O seu labor leva implícita a asimilación das reaccións que a súa actividade ocasione. Ou, neste caso, a falla de actividade, que os pecados tamén poden ser por omisión.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania