Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O ben feito, ben parece

jueves, 05 de octubre de 2017
Cando vemos unha obra, ben feita, ben remada; non preguntamos canto tempo nin cantos esforzos costou levala a cabo; sencillamente dicimos que está ben feita.
Está ben feita, como debían estar todas.

Cando unha obra está ben feita, deixa quedar moi ben a quen a fixo.
Por eso, as persoas de ben -que somos moitas-, procuramos facer as cousas o mellor que podemos e o mellor que sabemos, poñendo moito amor no que facemos.
-¿A cambio de que?
-En primeiro lugar e ante todo: a cambio da satisfacción persoal do deber cumprido.
Esa é a mellor recompensa aquí e agora, independentemente do que poida pasar no futuro.
-En segundo lugar por colaborar na construcción dun mundo algo mellor, aportando o noso grau de area.
Se esto é importante cando facemos algo de tipo material:
¡Canto máis non será se facemos algo relacionado coa boa educación ou co enriquecemento a nivel afectivo ou a nivel espiritual!
Cando facemos unha obra boa no tocante á educación da infancia; dándolle bo exemplo; xa facemos algo de valor incalculable.
Por eso é tan digno de loubanza o esforzo que fan moitas familias por darlles bos exemplos e un bo clima ético-moral, afectivo e espiritual á súa descendencia.
Os que tivemos a sorte de medrar nese clima tan saudable, nunca a obrigación lle pagamos ós nosos ancestros.
Por eso son tan dignas de loubanza a persoas que van pola vida facendo o ben.
Esas persoass levan un brilo tan especial na súa mirada que ninguén llelo pode quitar.
Pouco importa que sexan ricas ou pobres; o mellor de todo é que son boas persoas.
Co seu bo facer crean un ambiente de paz e sosego: unha seguridade inmensa se respira ó seu carón.
Dá moito gusto telas como parentes, como amigas, como veciñas, como compañeiras polo camiño da vida.

Pero tamén hai outras que deixan moito que desexar.
Por exemplo:
-A min non me cabe na cabeza que haxa quen abuse dunha criatura.
-Tampoco me cabe que se abandoe a unha persoa enferma.
-E tampoco son capaz de comprender que se maltrate a casa de todos: a nai natureza.
Pero a algunas persoas débelles caber no seu cerebro o feito de abusar, maltratar e incluso asesinar a unha critura para darse un gusto persoal ou para vingarse dalguén.
Algunhas persoas ingresan nun hospital a unha persoa enferma para irse de vacacións.
Outras prenden lume, outras tiran todo tipo de desperdicios…
¿Estarán ben da cabeza, esas persoas?
¿Será esa a educación que recibiron?
¿Serán elas mesmas ou estarán baixo o efecto dalgunha sustancia nociva?
Se están baixo o efecto das drogas, moi ben a súa cabeza non a deben de ter.
¿Por qué chegamos a esto?
¿Por qué non valoramos o bo que nos regala a vida?
¿Por que escollemos o camiño que nos leva á perdición?
¿Será porque xa non tememos nin a Deus nin ó demo?
¿Crémonos os amos do mundo?
¡Que enganados estamos!

Cando os medios de comunicación se fan eco destes feitos, algo grave está pasando.
Por unha banda está o progreso, a solidariedade, o bo facer das persoas que se deixan a pel para colaborar ó ben común.
Grazas a elas, avanzamos o que avanzamos.
Por outra banda está a miseria mental que é moito peor que a material.
Miseria mental é a que teñen as persoas que se atreven a destrozar a vida das outras – principalmente da xuventude- para acumular cartos a costa do que sexa.
Eso, de ningunha maneira pode rematar ben.
¿Como e cando remataremos con esa lacra?
Algún día teremos que escarmentar.
Escarmentaremos.
“ESCARMENTAREMOS” será o título do seguinte artigo.
Por hoxe só me queda felicitar de todo corazón a aquelas persoas que teñen moi claro que o ben feito, ben parece.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES