Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Números cantan

miércoles, 27 de junio de 2007
Se os galegos tivesemos libros sagros coma os xudeos, o noso libro de “Números” tería que reflectir os que fomos no decurso dos tempos, para poder comparalo cos que somos na actualidade.

Dos ontes da nosa historia podemos efectuar cálculos. Do hoxe dannos os cálculos feitos cando o Instituto Galego de Estatistica afirma que no 2006 reduciuse a nosa poboación en 7.964 persoas, saldo que queda restando ás defuncións (29.045) os 21.081 nacementos. Aínda que este resultado vese mitigado pola chegada de inmigrantes que se incorporan ós nosos padróns de habitantes.

A maior perda de habitantes rexístrase no interior mentras que os concellos que perden menos ou gañan habitantes están na Galicia atlántica, con especial incidencia na provincia de Pontevedra.

Os números, fríos por natureza, non din nada por sí mesmos. Pero sí polo que significan.

Que sexan máis os galegos que morren ca os que nacen, fala de envellecemento da poboación, pero tamén fala de que os matrimonios teñen poucos fillos porque ter un fillo supón un custo persoal, familiar e social moi importante e hai que estar moi disposto a pagar ese custo para traer un novo galego ó mundo.

“Números cantan” díxose sempre nesta terra para expoñer verdades absolutas. Pois os números que hoxe nos cantan non son bós para Galicia, para nós, e de xeito especial para os galegos do futuro. O malo é que nesto non se pode culpar somente ó goberno. Hai moitos factores que inciden, que non se poden modificar da noite para a mañá.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES