Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Froilanismo, outro pulso ao estado de dereito

miércoles, 04 de octubre de 2017
Outra máis, Mariano Rajoy non gaña para desgustos e coido que vai empezar a calvear na súa acción de goberno. Poñéndome no seu lugar, procuraría reforzar ao máximo os corpos e forzas de seguridade para protexer tanto o noroeste como o nordeste do estado. No segundo caso, é ben coñecida a intención de proclamar a república; no primeiro, preténdese voltar a unha monarquía propia con sede en Lugo.

Isto responde a unha profunda estratexia militar xa que Lugo é a única cidade do reino amurallada. É lóxico, entón, convertelo no bastión de defensa fronte ao Felipe Sextismo, froito da lei sálica que se pretende eliminar sen carácter retroactivo, dado que dito carácter deslexitimaría a sucesión ao reinado actual.

De momento, non se prevé o desembarco da mariña española, que probablemente suporía paralizar o porto boniteiro de Burela, coa correspondente perda económica. Non en tanto, o froilanismo vai seguir facendo demostracións de forza previsiblemente mañá 5 de outubro. Agora xa non da tempo a mobilizar e trasladar os efectivos de seguridade, capitaneados por Piolín dunha punta á outra da península, xa que terían que dar a volta polo Mediterráneo; en todo caso, parece inevitable que o froilanismo celebre o seu patrón durante unha semana fartándose de polbo e viño tinto e mobilizándose de xeito multitudinario nas rúas de Lugo.

O desafío multiplícase por sete respecto ao catalán xa que fronte ao 11 de setembro ou 1 de outubro, temos 7 días nos que a multitude froilanista aproveitará para espallar o seu corpus ideolóxico non descartando a difusión de papeletas en plena rúa.

Este desafío probablemente esixa unha resposta contundente por parte dos nosos políticos, non podemos permitir que unha parte do estado teña que sustentar dúas coroas mentres que a maioría sostén unha soa. De saír para diante o froilanismo, sen dúbida teremos que demandar unha partida presupostaria por parte do estado debido o crecemento paulatino da ideoloxía froilanista na nosa xuventude que, sen dúbida, mermará o volume da nosa poboación activa.

Como se pode ver o tema é serio...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES