Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os brazos da balanza da Xustiza

lunes, 02 de octubre de 2017
Parece incrible; pero teño unha angustia no peito que me mata. Polo de Cataluña. Resulta que cando se lea isto xa se saberá practicamente todo; pero como o estou escribindo en sábado, aínda non sei nada do que poida pasar, do que xa pasou. A incerteza, a dúbida corróeme (Por certo, eu sempre vou co oprimido). E non podendo prognosticar o futuro, e por este vez nin o pasado, non queda outra que cambiar de terzo (eh, para que vexades, uso un símil taurino, moi nacional) e seguir coa tónica de atacar unha vez máis á xustiza, porque ás veces non queda outra que facelo con afán, con vehemencia.

É que fan cousas que te levan a aquilo de que, se puidera, saltaríalles na aña ou lles rillaría as asaduras. Resulta que queda en liberdade o responsable de 16 incendios. Ollo á cantidade, que non é moco de pavo. A maiores de que os incendios, ás veces, quizais demasiado a miúdo xa, cóbranse vidas humanas.

Lendo, entón, esta nova non queda outra que dicir que lle pasa igualiño, igualiño que ós corruptos… que están todos en liberdade. Entón é normal que uns e outros sigan cometendo as súas falcatruadas, os seus espolios. Emporiso, outros, polo simple acto de manifestarse, por exemplo, van ó cárcere ou pagan multas astronómicas. Non, señores, non; a xustiza non é igual para todos.

Vaiche boa! Maltratadores que andan soltos. Corruptos que andan soltos.

Ladróns que andan soltos. Asasinos que andan soltos. Igualiño, igualiño que coas guerras: que as declaran dous ou catro badulaques e os que cargan co pandote, os que pagan o pato son os inocentes, a xente de a pé e, o que é peor, os nenos. Aquí, neste país, se levantas un chisco a voz, censúrante, asobállante, chámanche a atención e mállante. Así de simple. A famosa balanza da xustiza no noso país torce de raio; un brazo da mesma inclina ben máis có outro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania