
Os nazonalistas de sempre, os que están enraízados na Nosa Terra coma si foran carballos ou castiñeiros, veñen de firmar un manifesto de apoio os catalans que reclaman o seu dereito a decidir sobor do seu futuro e mais a súa relación cos pobos que hoxe conforman o Estado español.
- ¿E temos nós vela nise enterro?
A pregunta fíxoma meu amigo Manuel, con toda a retranca que lle caracteriza, ainda sendo coñecedor de que Galicia é unha nazón por historia e por dereito.
- Pois sí, Manuel, nós somos un povo tradicionalmente asoballado polo centralismo político ó que nos sometemos voluntariamente cada vez que votamos.
- Algúns votan BNG.
- Uns cantos mais En Marea.
- E tamén ós socialistas que falan da nación das nacións.
- Pero os mais
sempren votan PP.
- Pois así é.
Que non vos extrañe nada, posto que os galegos somos os únicos que lle abrimos as portas o demo e ainda por riba imos con il de festa. Esto foi sempre así e seguirá sendo. Por pachorra e porque non queremos líos, que cós da casa xa temos dabondo.
- ¿Pero temos vela ou non?
Ter temos, porque somos unha nación ainda que vote centralismo; outra cousa é que prendámola mecha.
- ¿Cando se víu que os cataláns nos botaran a nós unha man? ¿Cando?
- Non sei Manuel, os partidos nazonalistas axúdanse uns os outros
e xa viches como o rapaz ise, o Rufián, berrou no Congreso ¡Viva Galiza Ceibe!
- Cousa que non fixeron nunca os nosos representantes nazonalistas
cando os tivemos aló.
A ver. Para ser solidarios non fai falla que a vela esté prendida, basta coa voluntade de selo e nesta ocasión os homes de boa fe, que ven como o Estado asoballa a Catalunya, amosan o seu desacordo.
- ¿E ti firmaches?
- Porque non mo puxeron diante.
Pero
o feito de amosar o meu desacordo co Goberno non quere dicir que defenda todo o que está a facer o Govern. Tan só digo que un povo ten dereito a decidir o seu futuro. Así que os señores de quen depende deberían de facer todo o que se pode facer para que Catalunya, que é unha nazón coma Galicia e coma Euskadi, poida celebrar un referendo.
E neso deberían de andar agora, onte, mañán e pasado
¡Mais conversa e menos policía!