Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os incendios, sen misterio

martes, 26 de junio de 2007
Sobre os incendios forestais houbo sempre un silencio cómplice que facía supoñer tramas escondidas, mafias ou organizacións destinadas a queimar.

Mesmo os labregos, hai xa varias décadas, daban a entender que detrás dos incendios estaban determinadas causas que confluían todas en que “A Forestal” lles requisara os montes para neles plantar pinos, pinos que nunca ían chegar a grandes.

A Forestal deu paso a outros organismos, estes foron descentralizados, os pinos medraron e xeraron beneficios para as comunidades veciñais, o noso mundo rural cambiou de xeito vertixinoso, e sen embargo os incendios seguiron producíndose, tendo especial virulencia os do último verán.

Certo que estes veráns quentes propician o lume, e os descuidos e toleadas préndenos. Por eso reconforma a memoria da Fiscalía de Galicia que ven de concluir que non hai trama organizada ou intereses económicos detrás dos incendios forestais que queimaron 82.000 hectáreas de monte noso nos primeiros días do pasado agosto. Hai sospeitosos, hai artefactos incendiarios, pero mesmo a intencionalidade dos lumes, que estaba no oitenta e sete cento, baixou ó sesenta por cento.

Non hai tramas, non hai organización e baixa a intencionalidade. Pero o lume arrasou Galicia.

Este ano, finais de xuño, non temos lumes. O tempo, ós efectos, foi favorable. Agora só falta que o que se sabe dos incendios resulte confirmado na realidade; que xa que os incendios non teñen misterio, o monte non arda. E así, todos contentos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania