Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ponte na cabeza da Sra. Ministra

lunes, 25 de junio de 2007
Unha autovía, ben vale unha ministra. Unha ministra que veu co presidente da Xunta por en marcha dous tramos da autovía A8, esa que ven moito máis aló das nosas fronteiras con Asturias e vai morrer en Baamonde na actual A-6.

Cando entrou en funcionamento a Autovia A6, cada tramo que se inauguraba era un miragre que aceleraba as nosas viaxes e as facía máis seguras. E unha incredulidade menos porque costa traballo imaxinar este tipo de obras antes de disfrutalas.

Aló por Ribadeo xa está en funcionamento o que foi primeiro tramo da Trascantábrica en terras galegas, e algún máis – Insua a Baamonde, por exemplo- vai abrirse antes de fin de ano.

Segundo o Plan Galicia, esta obra ía estar rematada no ano2008, pero xa sabemos a alta opinión que a Señora Ministra ten daquel que en algún momento se chamou Plan Galicia, deseñado especialmente para compensar a este País dos danos ocasionados polo malfadado Prestige.

A situación actual, coas costas de Mondoñedo intocadas, establece que ata 2010 como mínimo non hai nada que facer. Ou sexa,que vaiamos disfrutando, pouco a pouco, dos logros conseguidos que bos son estes dous tramos que veñen de ser inaugurados.

Recalcou a Ministra que todos os tramos da Transcantábrica en Galicia están en execución ou licitados, agás dous entre Abadín e Mondoñedo, e aproveitou para arremeter contra o PP, e vender a moto de que o goberno do Psoe leva feito moito neste tempo, sendo estes dous tramos unha proba evidente.

Entre os asistentes, o Alcalde de Lugo, ó que a Ministra lle confesou que “ten a ponte sobre o Miño sempre na cabeza”. A saber o tempo que lle vai levar á señora Ministra sacala da cabeza para poñela sobre o río.

¡Pouse, señora Ministra, pouse!. Que aínda ha cansar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES