Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Estarémonos atrofiando?

jueves, 28 de septiembre de 2017
Teño entendido que as cousas que non se usan, acaban por atrofiarse.
¿Será certo?
-Desde que as persoas usamos tanta intelixencia artificial.
- Desde que xa non é educativo aprender cousas de memoria.
-Desde que os métodos que usábamos fai dous días nas escolas; xa non serven para nada….
-Desde que moitos pais xa non saben que facer cos fillos.
-Desde que os fogares se están convertindo en “fondas.”
-Desde que só pensamos no benestar material.
-Desde que a formación moral e relixiosa desapareceu de moitos fogares.
-Desde que os anciáns e enfermos estorban nas casas.
-Desde que a familia estable perde vixencia…
-Desde que…

Pregúntome:
¿Resolverannos a vida os robots se non lles damos as instrucións oportunas con antelación?
¿Gastaremos todas as nosas facultades mentais se as usamos para o noso goberno diario?
¿Non é certo que só os científicos gastan unha pequena porcentaxe do seu cerebro?
Punto a parte son as efermidades. Eso son palabras maiores.
Trátase de situación normais.
Se os pais de familia, non controlan a familia… ¿Quen a vai a controlar?
Unha persoa normal, debe facer cousas normais que lle sirvan para o cultivo normal da súa personalidade.
Se todo o que levamos aprendido as persoas que levamos moitos anos peiteando canas; non vale para nada….
Daquela: “apaga e vámonos”

Non.
Non o creo.
Non pode ser certo que fóramos tan tontos como para cometer tantos erros xuntos.
Todo o que aprendemos, de algo nos valeu.
¡Só faltaría!
Eu aínda lembro cando me saía un callo, no dedo medio da man dereita, de tanto tomar apuntes nos meus tempos de estudiante.
Tamén me lembro de cando me “lían a cartilla” na casa.
E non me arrepinto.
Non collín ningunha enfermidade por culpa de tanto esforzo. Nin me sinto traumatizada en absoluto.
Ó contrario: cultivei o espírito de sacrifico que me fixo moita falta en diferentes momentos da miña vida.
E conforme vou avanzando en anos, máis aínda.
A vida é dura, pero merece a pena vivila disfrutando de todo canto ben nos proporciona.
Que usemos todos cantos adiantos nos pon a ciencia ó noso alcance; de acordo.
Pero que intentemos atrofiar as nosa facultades por comodidade, eso -ó meu humilde entender- non procede.
Un bebé ten que ser educado en orde e disciplina, na infancia na etapa escolar tamén e na universidade máis aínda.
En cada etapa da vida, a súa graduación correspondente.
Toda esa aprendizaxe levaranos a unha vida adulta fructífera e satisfactoria.
Desafortunadamente, estamos vendo moitas conductas incorrectas en persoas de tódalas idades que son froito do vicio.
Moito vicio é o que teñen algunhas persoas que hoxe queren branco, mañá negro; pasado outra cousa e non hai maneira de que se encontren satisfeitas co que teñen.
Na vida hai que ser serios e estables –sobre todo- en certos aspectos fundamentais.
Xogar cos fundamentos, é xogar co edificio.
Moitas persoas derrúmbanse porque lle piden á vida o que esta non lles pode dar.
Pasarse da raia, ten un prezo.
Certas conductas darán moito traballo a psicólogos e psiquiatras; pero serán moi perxudiciais para quen as padeza e para a sociedade en xeral.
Temos que recupera-la sensatez.
“O BEN FEITO, BEN PARECE”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa colaboración na construcción dun mundo mellor para todos; grazas ó seu esforzo e bo facer.
E moitas grazas por terme na súa consideración.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES