Se hai que ter satélite...
Editorial - lunes, 25 de junio de 2007
Nós, coma os demáis. Se hai que ter satélite, teñamos satélite.
En tempos, os satélites eran temas e artiluxios exclusivos de norteamericanos e soviéticos, e turnábanse en logros tecnolóxicos que deixaban atónito ó mundo enteiro. Todo o máis, en España había en Robledo de Chavela unha estación de seguimento de satélites, das mellores do mundo, porque para algo esta península está posta onde está posta e ten o ceo que ten.
Andando os anos, coa unión dos Estados de Europa, tamén Europa tivo satélites. E España. E agrupacións de empresas ou empresas de comunicación en solitario. Así está o espacio de ateigado de todo tipo de materiais.
Agora, tamén Galicia, faltaría máis.
A Fundación para a Sociedade do Coñecemento, da que forman parte a Xunta, as Caixas de Aforro e as principais empresas galegas, veu falar dun satélite galego como excelente solución para a mellora de comunicación e a universalización de Internet. E o Presidente Touriño estaba no tema de poder contar cunha embaixada tecnológica aló no alto.
Ó día seguinte, o conselleiro de Innovación afirmou que un estudio da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación non avala un satélite propio para Galicia e aposta por outras solucións alternativas.
Temos agora os galegos dous puntos de vista que considerar: Sí ou non ó satélite galego. Puntos de vista que á vista está- marcan contraste de pareceres entre as dúas forzas políticas que gobernan Galicia.
Se hai que ter satélite, teñámolo. Pero (acudámos ó tópico do humor), pa na, es tontería. Así que, primeiro, póñanse de acordo tamén neste tema.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora